Galicia

Unha investigación da Universidade de Santiago de Compostela constata que a presenza do portugués no sistema educativo galego é deficitaria

Segundo a tese realizada por Xurxo Fernández Carballido, a presenza do portugués no sistema educativo galego é deficitaria, principalmente en Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP. Si está presente nas tres universidades e na maioría das escolas oficiais de idiomas.

Fonte: Galicia Confidencial

A Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela promove unha campaña de dinamización lingüística

Esta campaña, cuxo lema é “O galego ten razóns. E ti, que razón tes?”, busca fomentar o uso desta lingua entre o alumnado novo que chega á Facultade de Bioloxía e que este reflexione sobre as súas motivacións para manterse en galego ou incorporalo á súa práctica lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Danse a coñecer os galardoados deste ano nos Premios San Martiño de Normalización Lingüística

Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que convoca desde 1991 a Asociación Cultural O Brado da Estrada, chega á súa 29ª edición na que se premiarán polo seu labor de difusión do galego a atleta Ana Peleteiro, o Museo do Pobo Galego e a Asociación Cultural Tamparrantán.

Fonte: Cultura Galega

As probas oficiais de acreditación do Celga 4 e do Celga 2 celebraranse o 16 e o 17 de novembro

A Xunta de Galicia fixo públicas, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4 e 2.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago impulsa unha campaña a prol do uso do galego entre o alumnado

A Facultade de Veterinaria, xunto co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, puxo en marcha unha campaña de promoción do uso do galego entre o alumnado deste centro do campus de Lugo. Esta iniciativa débese á singularidade desta facultade, xa que máis do 70 % dos novos estudantes que acceden a ela procede de fóra de Galicia ou non ten o galego como lingua habitual.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Fundación Ramón Otero Pedrayo acolle na súa sede a mostra ‘Antonio Fraguas, memoria dun soño’

A mostra "Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma", promovida pola Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019, exhíbese ata finais de mes no Pazo de Trasalba.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Profesorado de gaélico coñece o traballo da Xunta de Galicia en materia de política lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu 18 profesores de gaélico, acompañados de dous monitores e de persoal do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), chegados desde Escocia para coñecer de primeira man a situación do galego na sociedade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta renova o seu acordo de colaboración coas universidades de Alacant, Berlín e Leipzig para o estudo do galego

A Consellería de Cultura e Turismo renovará ata 2022 o seu acordo de colaboración coas universidades de Alacant, Berlín e Leipzig para promover a lingua, a literatura e a cultura galegas nestas tres institucións.

Fonte: Galicia en el Mundo

O Concello de Santiago de Compostela presenta unha nova edición do programa de fomento do galego #SenCancelas

#SenCancelas é un proxecto de intervención socioeducativa, que se levará a cabo nos meses de outono a través de obradoiros en diferentes centros socioculturais composteláns e que ten como obxectivo crear espazos de socialización en galego nos que rapazas e rapaces de 14 a 17 anos poden desenvolver a súa creatividade e habilidades persoais.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Chega ás librerías un novo volume de Astérix en galego

O 24 de outubro chega ás librerías de Galicia Astérix: A filla de Vercinxetórix, o novo álbum do heroe galo, que publica en galego Edicións Xerais e que por vez primeira estará protagonizado por unha adolescente.

Fonte: Praza Pública

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder