Galicia
O 'FalaRedes' e 'Nós contra a violencia' enchen a ponte festiva de propostas de lecer nos concellos
Nove concellos galegos acollen durante a ponte festiva outras tantas actividades impulsadas pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes e da campaña Nós contra a violencia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Paradela acolle a celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou nos actos con motivo do Día da restauración da memoria lingüística de Galicia que se celebraron na Casa do Concello de Paradela e mais no cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, o único de Galicia que ten todas as inscricións funerarias escritas en galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Santiago entrégalles ás empresas funerarias un manual de recursos en galego

O Manual de recursos en lingua galega para actos funerarios está pensado para que as empresas deste sector ofrezan os seus servizos en galego e facilitarlles o uso correcto e normativo do idioma.
Valentín García acompaña a Paco López-Barxas na presentación en Santiago de 'Ben-Cho-Shey inédito'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou, na compostelá libraría Couceiro, o xornalista e escritor Paco López-Barxas na presentación do seu novo libro Ben-Cho-Shey inédito, publicado por Auga Editora co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O XIII Certame Galego de Bandas Populares congrega esta fin de semana en Santiago 1300 músicos de 21 formacións
A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza esta fin de semana en Santiago a décimo terceira edición do seu Certame Galego de Bandas de Música Populares, que será a máis internacional e numerosa de todas as celebradas ata o momento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta investirá o vindeiro ano 82M€ para preparar o Xacobeo con máis antelación que nunca e facer que chegue a toda Galicia

Román Rodríguez expuxo a folla de ruta do Ano Santo con accións e medidas concretas que involucran a diversas consellerías a través dun plan de goberno para “dar forma a un Xacobeo extraordinario que defina a Galicia da próxima década”. A lingua, como ferramenta de integración e convivencia, disporá dun 5,3% máis de fondos para fomentar o galego nos ámbitos familiar, de lecer e socioeconómico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As bibliotecas conmemoran en novembro o mes da ciencia en galego con actividades para todos os públicos

A Xunta de Galicia promove a celebración do mes da ciencia en galego cunha completa programación de actividades ao longo de todo novembro dirixida á posta en valor das bibliotecas e mais do seu papel impulsor da creación e da divulgación científicas na lingua propia de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Vigo edita dúas novas entregas da súa colección de toponimia

O Concello de Vigo acaba de editar dous novos libros da colección Toponimia do Val do Fragoso. Trátase do volume 6, dedicado á parroquia de Bembrive, e o volume 7, dedicado á de Candeán. Ademais, comezouse xa a redacción de dúas novas entregas correspondentes aos barrios de Cabral e Zamáns.
Fonte: Concello de Vigo
Varios concellos galegos súmanse á celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNL) convida un ano máis aos concellos galegos a festexar o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia a través da galeguización da sinalización dos cemiterios e da colocación de placas conmemorativas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Solicitan que os anuncios de megafonía da estación de autobuses da Coruña se fagan en galego
O BNG solicitoulle por escrito ao Concello da Coruña que a sinalización, a información e os avisos que se realizan por megafonía na estación de autobuses sexan en galego, xa que na actualidade toda a comunicación se fai exclusivamente en castelán.
Fonte: La Opinión
Boletín
Subscríbase ao boletín