Galicia

Xa se poden consultar na web os proxectos de dinamización do galego gañadores dos Premios Mil Primaveras

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publicou a relación de proxectos de dinamización lingüística gañadores da primeira edición dos Premios Mil Primaveras, uns galardóns que teñen como obxectivo recoñecer iniciativas de fomento do galego.  

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta un volume para dar a coñecer as unidades de medida temporais en lingua galega

O festival Viñetas desde o Atlántico foi o escenario da presentación da obra O tempo cronolóxico, libro ilustrado por Xulia Vicente co que A Mesa pola Normalización Lingüística quere dar a coñecer entre a cativada o nome en galego das principais unidades de medida temporal.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

As mulleres vítimas de violencia de xénero contarán cun servizo de intérpretes en lingua de signos impulsado pola Xunta

A Xunta e a Federación de Persoas Xordas de Galicia asinaron un convenio de colaboración grazas ao cal as mulleres vítimas de violencia de xénero contarán cun servizo de intérpretes en lingua de signos dende o momento de presentación da denuncia.

Fonte: Xunta de Galicia

Un grupo de alumnos participa en Vigo nas estancias de inmersión lingüística en inglés organizadas pola Consellería de Educación

Un total de 470 estudantes de 4º da ESO participa durante quince días no Centro Residencial Docente de Vigo nas estancias de inmersión lingüística, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Educación que combina actividades académicas con outras de lecer.

Fonte: Atlántico

Convócase a VIII edición do Premio de Poesía en lingua galega Manuel Lueiro Rey

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe convocan a VIII edición do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, ao que poderán presentarse poemas inéditos escritos en lingua galega, cunha extensión de entre 500 e 800 versos.

Fonte: Concello de Fornelos de Montes

A publicación en galego da obra "A Lost Lady", da norteamericana Willa Cather, recibe o premio de tradución Plácido Castro

O premio de tradución Plácido Castro recaeu este ano, na súa 18ª edición, no traballo de Antía Veres, a versión en galego da obra A Lost Lady da norteamericana Willa Cather. Deste xeito, por vez primeira, unha obra desta autora poderá lerse en lingua galega.  

Fonte: Faro de Vigo

O galego Xacobe García gaña o I Premio Platta de Teatro Breve - Portugal cunha obra escrita en portugués

A importância de chamar-se António é o título da peza coa que Xacobe García gañou o I Premio Platta de Teatro Breve – Portugal, un texto que se editará en galego, castelán e portugués no marco da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador.

Fonte: Cultura Galega

Valentín García participa na entrega de premios do VIII Certame de Microrrelatos de Feiraco

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da VIII edición do Certame de Microrrelatos de Feiraco, que convoca Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha axencia de tradución e interpretación salienta o importante incremento das traducións do galego a outras linguas

A axencia Aire Traducciones detecta que cada vez máis empresas e persoas particulares demandan un servizo de tradución do galego a outras linguas do mundo e sinala que as combinacións galego-inglés e inglés-galego son as máis solicitadas.

Fonte: Stick

A Universidade de Vigo premiará o uso do galego nas teses e traballos de fin de grao e mestrado

A Universidade de Vigo quere fomentar o uso do galego coa convocatoria de axudas para redactar e defender nesta lingua teses de doutoramento e cos premios á calidade lingüística nos traballos de fin de grao e fin de mestrado.

Fonte: Universidade de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder