Galicia
A Universidade de Santiago organiza un curso de habilidades comunicativas

O Servizo de Normalización Lingüística abriu o prazo de inscrición da segunda edición do seu curso de habilidades comunicativas, unha actividade que consta de tres módulos, un sobre redacción científica, outro de comunicación oral e un terceiro dedicado á elaboración de presentacións dixitais.
Valentín García participa na presentación da app 'Auga de Galicia', no marco de Termatalia 2019
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova aplicación móbil en galego Auga de Galicia, no marco da 19º edición de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As Xornadas de Toponimia no Ensino mostran o valor dos nomes de lugar como ferramenta normalizadora

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames), na inauguración das I Xornadas de Toponimia no Ensino, organizadas pola Xunta de Galicia e polo Concello de Ames coa colaboración da Real Academia Galega (RAG).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A mostra 'Antonio Fraguas, memoria dun soño' exhíbese en Arteixo ata o 30 de setembro
A mostra “Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma”, promovida pola Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019, exhíbese durante esta segunda quincena de setembro en Arteixo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Montederramo acolle a presentación dun volume sobre o seu mosteiro esencial para o coñecemento do galego medieval
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participaron na presentación do volume Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices, da autoría do profesor Ramón Lorenzo. O libro é froito de décadas de traballo do investigador e filólogo, así como da colaboración da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega (CCG), unidos para dar ao prelo este traballo esencial para o coñecemento do galego medieval.
Fonte: Xunta de Galicia
Xunta, Parlamento e Foro Enrique Peinador convocan a XXVI edición dos Premios de Publicidade en Galego

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVI edición dos Premios de Publicidade en Galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Mancomunidade de Concellos de Ordes organiza sesións formativas para a preparación das probas Celga
A Mancomunidade de Concellos de Ordes oferta formación para preparar as probas Celga (niveis 2 e 4). Trátase de sesións de 20 horas de duración que comezarán a impartirse o 8 de outubro e que finalizarán o 7 de novembro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase a cuarta edición de DivulgaTerra, unha iniciativa para promover o uso do galego na comunicación científica

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a cuarta edición de “DivulgaTerra. Petiscos de divulgación científica”, un proxecto co que se pretende darlle visibilidade ao traballo desenvolvido no Campus Terra e impulsar o emprego do galego como ferramenta para a comunicación científica.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Ferrol presenta as actividades do programa Apego de fomento da transmisión da lingua galega

O Concello de Ferrol ofrecerá este outono varias actividades no marco do programa Apego, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a transmisión familiar da lingua galega.
Fonte: Galicia Ártabra
Valentín García participa na entrega do premio á promoción do galego na USC a Gómez Segade
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no acto de entrega do II Premio Luís Porteiro Garea ao catedrático emérito de Dereito Mercantil Xosé Antón Gómez Segade, pola súa promoción do uso do galego na universidade compostelá.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín