Galicia

Santiago de Compostela acolle un encontro de dominios culturais, lingüísticos e xeográficos

PuntoGal organizou esta reunión de dominios culturais, lingüísticos e xeográficos agrupados en Geotlds, unha organización internacional que representa os intereses dos dominios de primeiro nivel que identifican a unha cidade, rexión, lingua ou cultura.

Fonte: PuntoGal

Carmen Pomar e Valentín García visitan o Pórtico da Gloria co alumnado do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañaron a un grupo de alumnas e alumnos do Instituto Galego Arxentino Santiago Apóstol (de Buenos Aires) na súa visita ao Pórtico da Gloria.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Pontevedra acollerá o acto de entrega dos premios "Mil Primaveras" de normalización lingüística

O vindeiro 21 de setembro celebrarase a entrega de galardóns da primeira edición dos premios "Mil primaveras" que teñen como obxectivo recoñecer os proxectos e as campañas relacionadas coa promoción da lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

A campaña 'Nós contra a violencia' leva a Ribeira o espectáculo infantil 'Mai Mai'

Nós contra a violencia, a campaña posta en marcha este verán pola Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e da Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cos obxectivos de dinamizar a lingua galega e sensibilizar contra este tipo de violencia, leva a Ribeira este sábado, 14 de setembro, a nova proposta Mai Mai, da man de Baobab Teatro baixo xestión de Culturactiva.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello da Coruña organiza o Día do Apego, un conxunto de actividades para fomentar a transmisión do galego

O Concello da Coruña organiza o Día do Apego, que se desenvolverá o vindeiro sábado 21 de setembro no Centro Ágora. Trátase dun conxunto de actividades, destinadas a  familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos, que ten como obxectivo impulsar a transmisión do galego como lingua inicial.

Fonte: Concello da Coruña

A Xunta convoca novas probas de acreditación dos Celga 2 e 4, previstas para novembro

A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca novas probas de acreditación do Celga nos seus niveis 2 e 4, que prevé realizar en Santiago de Compostela e en Ponferrada na segunda quincena de novembro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ponse en marcha un proxecto de intercambio de obras de teatro para promover a cultura e a lingua galegas polo Camiño de Santiago do norte

'Camiño Escena Norte', un proxecto posto en marcha polas asociacións de produtoras escénicas das comunidades autónomas implicadas, impulsa o intercambio de obras de teatro para promover a cultura e a lingua galegas pola ruta do Camiño de Santiago do norte.

Fonte: GaliciaPress

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o veto ao galego nuns premios convocados polo Ministerio de Educación

A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha concentración fronte á Delegación do Goberno para denunciar que o Ministerio de Educación exclúe dos Premios Arquímedes os traballos de fin de grao que non estean en castelán.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello do Grove organiza un obradoiro de lingua portuguesa para mellorar a atención aos turistas lusos

Este obradoiro de lingua portuguesa, de carácter gratuíto, comezará o día 20 de setembro e para asistir haberá que inscribirse previamente. Vai dirixido principalmente ás persoas que traballan na hostalería e no pequeno comercio da localidade co obxectivo de que melloren as súas capacidades comunicativas neste idioma.

Fonte: Galicia Cofidencial

A Deputación de Pontevedra anuncia a resolución das axudas para o fomento do galego en toda a provincia

A Deputación de Pontevedra repartirá 120 000 euros entre un total de 74 entidades sen ánimo de lucro para actividades de dinamización da lingua galega na provincia.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder