Galicia
O Concello de Santiago de Compostela convoca unha liña de axudas destinada ao comercio para gastos de comunicación en galego

O pequeno comercio compostelán, no marco do programa “Coidar para mellorar, mellorar para coidar”, poderá optar a unha nova convocatoria de axudas, impulsada desde o Concello, para gastos como campañas publicitarias ou outras iniciativas de comunicación en galego.
Vilamarín, Bueu, Cedeira e o Liceo de Ourense acollen as propostas de dinamización lingüística da Xunta
Os concellos de Vilamarín, Bueu, Cedeira e o Liceo de Ourense acollen durante esta fin de semana as propostas de dinamización lingüística da Xunta en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), por medio da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O libro galego, representado a través de 14 editoriais na feira internacional Liber en Madrid

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitou a Feira Internacional do Libro LIBER, un encontro profesional de referencia en toda Europa que se celebra ata o venres en Madrid, e na que participan 14 editoriais galegas
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación do libro póstumo de Neira Vilas ‘Co pai’

O Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación dun novo volume póstumo, titulado Co pai, do autor que lle dá nome.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade da Coruña organiza o Congreso Internacional techLING 2019
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o Congreso Internacional techLING 2019, centrado nas tecnoloxías lingüísticas dende o punto de vista da docencia, a comunicación e a gamificación.
Fonte: Universidade da Coruña
O Concello de Outes organiza conferencias e obradoiros para que a rapazada mellore o seu manexo da lingua galega
O Concello de Outes organiza conferencias e obradoiros destinados a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos para que melloren o manexo da lingua galega a través do coñecemento da flora e da fauna.
Fonte: El Correo Gallego
Rexeitan no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para impartir máis horas en galego no sistema educativo
O BNG presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei na que instaba o Goberno galego a elaborar un novo decreto que incrementase as horas que se imparten en lingua galega no sistema educativo, unha proposta que rexeitou o grupo maioritario na Cámara, o PPdeG.
Fonte: El Correo Gallego
O Ramón Piñeiro e a UDC presentan a tradución galega do ‘Lazarillo de Tormes’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, na sede da Real Academia Galega (RAG), na presentación da primeira edición bilingüe galego-castelán da obra A vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A XII Xornada “Os recursos educativos en galego” aborda a educación científica
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu a XII Xornada “Os recursos educativos en galego”, organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da dita facultade en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Presentan unha unidade didáctica para difundir a figura de Tomás Batuecas, homenaxeado co Día da Ciencia en Galicia

A publicación O químico e a medida. Tomás Batuecas Marugán. Creador da química física en Galicia mostra as achegas deste físico de orixe estremeña que será a figura homenaxeada este ano o Día da Ciencia en Galicia polas súas contribucións no campo das masas atómicas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín