Galicia

A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo recibe o Premio Xela Arias

O Premio Xela Arias, que na súa segunda edición recaeu na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, ten como obxectivo recoñecer persoas ou entidades que destaquen pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego.

Fonte: Cultura Galega

As XIV Xornadas de Actualización Docente Portugués Lingua Estranxeira céntranse na práctica e avaliación da oralidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura das XIV Xornadas de Actualización Docente Portugués Lingua Estranxeira organizadas polo Camões, Instituto da Cooperação e da Língua I.P., a través da Coordinación do Ensino do Portugués para España e Andorra, coa colaboración do Centro Cultural Portugués en Vigo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase unha nova edición do premio de poesía en galego Florencio Delgado Gurriarán

O Concello de Vilamartín de Valdeorras convoca a segunda edición do premio de poesía en galego Florencio Delgado Gurriarán, un galardón dotado de 3000 euros e ao que as persoas interesadas poderán presentar as súas creacións ata o vindeiro 8 de novembro.  

Fonte: Somos Comarca

Anxo M. Lorenzo destaca a capacidade do festival Kerouac de funcionar como unha ponte atlántica que une Galicia con América

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou en Vigo na presentación do Festival Kerouac que, ata o vindeiro 6 de outubro, celebrará a súa novena edición coa participación dunha ducia de artistas.

Fonte: Xunta de Galicia

A IV Xornada de Onomástica estará dedicada aos nomes das rúas

O vindeiro 19 de outubro a Real Academia Galega celebrará en Pontevedra a cuarta edición da Xornada de Onomástica Galega que este ano estará dedicada aos nomes das rúas. Nela presentarase unha proposta para as novas denominacións das rúas, baseada na premisa de recorrer primeiro ás formas tradicionais previas antes que ás conmemorativas.

Fonte: Galicia Confidencial

Convócase a primeira edición do Premio AGAG de Guión en Galego para Longametraxe

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) convoca o I Premio AGAG de Guión en Galego para Longametraxe que ten entre os seus obxectivos impulsar o uso do galego no sector audiovisual e apoiar os autores e autoras que escriben nesta lingua.

Fonte: Fundación SGAE

Valentín García presenta na Estrada "A pluma insubmisa. Ensaios inéditos de Manuel García Barros"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Mome no acto de presentación da obra A pluma insubmisa. Ensaios inéditos de Manuel García Barros.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña apoia a Liña do Galego, un programa da Mesa pola Normalización Lingüística

A Liña do Galego, unha iniciativa impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e financiada nun 80 % pola Deputación da Coruña a través dun convenio, recibe unha media dunha queixa por día de vulneración de dereitos lingüísticos de galegofalantes.

Fonte: Deputación da Coruña

O X certame de cine OUFF Escola premia a creatividade audiovisual en galego do estudantado

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na décima gala de entrega dos premios do certame de cine OUFF Escola, celebrada no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística insta a Xunta a sumarse á mobilización social para reverter a crise que sofre a lingua galega

A raíz dos datos da enquisa do IGE sobre o uso do galego publicados recentemente, a  Mesa pola Normalización Lingüística instou a Xunta a implicarse na mobilización social para reverter a "situación de crise" da lingua galega.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder