Galicia
Víctor Freixanes pide apoios para o funcionamento da Real Academia Galega
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, aproveitou unha reunión institucional para pedir máis apoios económicos para a institución e reclamou o compromiso das cidades galegas no uso do idioma.
Fonte: Galicia Confidencial
A editorial Laiovento comeza as súas publicacións dedicadas a Carvalho Calero
Con catro novos títulos, a editorial Laiovento comeza a serie de publicacións dedicadas ao autor Carvalho Calero a quen a Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas 2020.
Fonte: Cultura Galega
O presidente da RAG entrevístase coa alcaldesa da Coruña
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, mantivo o seu primeiro encontro institucional coa alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey. O presidente agradeceu a sensibilidade mostrada pola rexedora e confiou en que a Academia e o Concello poidan compartir proxectos no futuro.
Fonte: RAG
Valentín García reúnese coas novas lectoras que se incorporan á Rede de Centros de Estudos Galegos neste curso académico
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado pola subdirectora xeral de Política Lingüística, Mª Lourdes Batán, recibiu no Pazo de San Roque as novas lectoras e lector que se incorporarán neste curso académico 2019-2020 á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Anxo M. Lorenzo destaca a importancia de manter vivo o teatro de títeres na presentación de Titirideza 2019
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do festival Titirideza 2019, que encherá as rúas de Lalín con teatro de títeres, monicreques e marionetas.
Un neno da Coruña relata en Youtube a súa vida diaria como galegofalante
Artai é un neno da Coruña que decidiu empregar a súa canle de Youtube para explicar a súa experiencia como galegofalante.
Fonte: Galicia Confidencial
Convócase a segunda edición do premio de tradución Xela Arias

O premio Xela Arias, que convoca a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), ten como obxectivo recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que traballan pola promoción da tradución ou interpretación cara ou desde o galego.
Fonte: Sermos Galiza
Reclámanlle ao Concello de Vigo a recuperación do topónimo O Resío
A comunidade educativa do centro Virxe do Rocío reclámalle ao Concello de Vigo un cambio na súa denominación, co obxectivo de recuperar o topónimo orixinal do barrio no que está situado, O Resío, modificado nalgún momento por El Rocío.
Fonte: Praza Pública
A Fundación Eira da Xoana recibe o premio Gabriel Barreiro Toural polo seu compromiso coa cultura e a lingua galegas
A Fundación Eira da Xoana recibiu o premio Gabriel Barreiro Toural, coñecido como Garabato, pola súa defensa do patrimonio cultural galego, a súa aposta polo mundo rural, a súa contribución á creación da conciencia ecolóxica e o seu compromiso coa lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha nova canción sobre os meses do ano en galego
Unha nova canción de Magín Blanco dedicada aos meses do ano a partir do libro O tempo cronolóxico quere contribuír a paliar a escaseza de materiais didácticos en galego dirixidos a nenas e nenos de ata seis anos de idade.
Fonte: Sermos Galiza
Boletín
Subscríbase ao boletín