Galicia
O Concello de Ames organiza unha nova edición de obradoiros de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia

O Concello de Ames organiza un ano máis os Obradoiros de Lingua e Cultura "En galego, co teu acento!", unha actividade gratuíta de 30 horas de duración destinada a persoas de fóra de Galicia que vivan neste municipio.
Fonte: Concello de Ames
A rede social galega Caxigo.gal mellora o seu deseño e as súas funcionalidades
A rede social galega Caxigo.gal ofreceralles unha mellor experiencia aos seus usuarios e usuarias a través dun novo deseño, novas funcionalidades da rede e novas posibilidades da aplicación móbil.
Fonte: Código Cero
Increméntase en Portugal o interese pola lingua e a cultura galegas

Nos últimos tempos, escritores e xornalistas portugueses incrementaron o seu interese pola lingua galega. Proba disto son as reportaxes e as entrevistas publicadas recentemente en prestixiosas revistas de Portugal, das que se fixeron eco xornais como Público ou Jornal de Nóticias.
Fonte: Galicia Confidencial
Arranca a novena edición da Noite Folk de San Xurxo, un festival que busca impulsar a lingua e a cultura galegas
A Noite Folk de San Xurxo de Vea chega á súa novena edición na que actuarán catro agrupacións que teñen en común a concienciación sobre a lingua e a cultura galegas.
Fonte: Faro de Vigo
Publícanse as resolucións definitivas das prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a resolución definitiva das prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en diferentes universidades estranxeiras: cinco prazas nos lectorados do Algarve, Berlín, Río de Xaneiro, Roma e Zadar; e outras cinco nos de Bangor, Heidelberg, Kiel, Leipzig e Varsovia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Viveiro apoia a literatura feita en galego coa convocatoria do Premio de Novela Vilar Ponte

O Concello de Viveiro convoca a segunda edición do Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que ten como obxectivos homenaxear os escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, ao mesmo tempo, apoiar e difundir a literatura feita en lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia
O Concello de Ribadavia pon en marcha obradoiros creativos en galego para a mocidade

"Proxectarte" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ribadavia que consiste na realización de obradoiros e intervencións artísticas en lingua galega que teñen como obxectivo incentivar a creatividade entre a xente nova.
Fonte: Faro de Vigo
Preséntanse as primeiras imaxes do videoxogo 'The Waylanders', que estará dispoñible en galego, inglés e castelán

Na feira Gamescom presentouse o primeiro teaser cinemático do videoxogo The Waylanders, desenvolvido polo estudio coruñés Gato Salvaje, e un gameplay que permite comprobar o aspecto que presentará finalmente. O videoxogo chegará ás tendas en 2020 en inglés, castelán e galego, e mesmo non se descarta a incorporación doutras linguas.
Fonte: Praza Pública
Ordes acolle unha xincana lingüística
Un total de 25 nenos e nenas participou na carreira de obstáculos da xincana lingüística organizada en Ordes polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade.
Fonte: El Correo Gallego
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra organiza un obradoiro de lingua de signos
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra organiza un obradoiro de lingua de signos destinado a persoas maiores de idade que se desenvolverá ao longo do mes de outubro.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín