Galicia

O IES A Sangriña da Guarda elabora un documental sobre a situación do galego neste concello

O Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña presentou o documental As linguas na Guarda. (RE)construíndo a autoestima, elaborado co alumnado de 3º da ESO co obxectivo de alertar sobre a perda de falantes de galego neste concello.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta e a Academia Xacobea promoven a poesía arredor do Camiño de Santiago

A Consellería de Cultura e Turismo, co patrocinio de Ediciones Carena, promove a poesía arredor do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021, co I Premio de Poesía Camiño de Santiago.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña presenta a publicación "Malas linguas"

A publicación Malas linguas recolle información e recursos relacionados coas xornadas homónimas que se celebraron entre outubro do 2018 e maio de 2019, durante as cales se reflexionou e se deseñaron estratexias para activar os/as falantes do século XXI.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O galego escóitase por vez primeira en Cannes coa estrea do filme de Oliver Laxe 'O que arde', producido co apoio da Xunta

A lingua galega escoitouse por vez primeira desde as pantallas de cinema do Festival de Cannes na estrea da película de Oliver Laxe O que arde, coa que foi seleccionado para competir na sección Un Certain Regard, que o certame francés lle dedica a obras con olladas cinematográficas orixinais e diferentes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A mostra ‘Antonio Fraguas, memoria dun soño’ exhíbese en Cerdedo-Cotobade

A mostra Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma, promovida pola Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación institucional Letras Galegas 2019, exhíbese ata finais de maio en Cerdedo-Cotobade, municipio natalicio de Fraguas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total de 47 iniciativas de fomento do galego opta aos premios Mil Primaveras

Un total de 47 proxectos opta aos premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CNTL), a maioría iniciativas de fomento do galego dirixidas á infancia e á mocidade.

Fonte: Sermos Galiza

Só un de cada seis concellos galegos conta con servizo de normalización lingüística

Segundo datos do Consello da Cultura Galega, actualmente dos 313 concellos de Galicia só 52 contan cun servizo de normalización lingüística. Destes pouco máis dun terzo dispoñen de persoal funcionario ou fixo, o que se traduce en inestabilidade nestes departamentos.

Fonte: Praza Pública

A Xunta convoca axudas por valor de 170 000 euros para a edición de recursos didácticos curriculares en lingua galega

A Xunta de Galicia vén de convocar unha liña de axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios para niveis non universitarios. As subvencións, cun importe total de 170 000 euros, van dirixidas a empresas do sector editorial que dispoñan dun departamento de edición na Comunidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha empresa ofrece traducións gratuítas de páxinas web ao galego con motivo do Día das Letras Galegas

A empresa ferrolá Englishpanish ofreceralle á súa clientela ata finais de ano tradución gratuíta das súas páxinas web ao galego ata un máximo de 1000 palabras. Trátase dunha campaña que ten como obxectivo fomentar o uso desta lingua no ámbito dixital empresarial.

Fonte: Sermos Galiza

Segundo un informe, case 2000 persoas aprenden galego en 16 países estranxeiros

Segundo o informe de Estratexia Galega de Acción Exterior Horizonte 2020 para a promoción do idioma, case 2000 persoas aprenden galego en 16 países estranxeiros, aos que habería que sumar arredor de 1500 que o fan en diferentes zonas de España.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder