Galicia

O filme 'O que arde', rodado en galego, será candidato aos premios da Academia Europea de Cine

O que arde, filme de Oliver Laxe rodado en galego, é un dos catro de produción española candidatos aos Premios de Cine Europeos, aos que optan 46 películas de ficción na súa 32ª edición.

Fonte: Cultura Galega

Convócanse cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no DOG a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Eloy Enciso recibe un premio como mellor director pola súa película Longa Noite, filmada en galego

A Asociación da Crítica de Cine Independente recoñeceu a Eloy Enciso co premio Boccalino D'Oro ao mellor director pola súa película filmada en galego Longa Noite.

Fonte: Cultura Galega

A mancomunidade de municipios da comarca de Ferrol contará con persoal técnico de normalización lingüística

A mancomunidade de municipios da comarca de Ferrol convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística que desenvolverá o seu traballo nos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño de forma itinerante.

Fonte: Ferrol 360

Pontevedra acolle a adaptación musical da película de Shrek en lingua galega

A Praza de España de Pontevedra acolleu a representación de Shrek o musical, a adaptación do famoso filme Shrek, que por primeira vez a produtora DreamWorks presentou en galego.

Fonte: Pontevedra Viva

O Concello do Grove organiza actividades para fomentar o uso do galego entre nenas e nenos

O Servizo de Normalización Lingüística do Grove organiza unha actividade de dinamización lingüística para darlle visibilidade e impulsar o uso do galego no deporte e nos xogos entre as nenas e os nenos do municipio.

Fonte: Faro de Vigo

Cómics de Tintín en máis de 100 idiomas compoñen unha mostra que se exhibe na Coruña

A sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita acolle unha mostra con obxectos de Georges Prosper Remi, máis coñecido polo seu pseudónimo, Hergé, e que inclúe todas as traducións ás que se realizaron as aventuras de Tintín e que supoñen un total de 121 linguas.

Fonte: El Ideal Gallego

O persoal municipal do Concello de Pontevedra aprenderá lingua de signos

O Concello de Pontevedra vai poñer en marcha varias iniciativas para facilitar a comunicación coas persoas xordas. Así, as visitas turísticas pola cidade contarán con intérpretes en lingua de signos. Ademais, prevese que o persoal municipal poida formarse neste ámbito para mellorar a atención á cidadanía con algún tipo de discapacidade auditiva.

Fonte: Pontevedra Viva

Os nomes das rúas serán os protagonistas da IV Xornada de Onomástica Galega

O vindeiro 19 de outubro o Museo de Pontevedra acollerá a IV Xornada de Onomástica Galega, organizada pola Real Academia Galega e que nesta edición estará dedicada aos nomes das rúas.

Fonte: CTNL

Un total de 56 obras compite na nova edición do Premio Torrente Ballester en galego

Un total de 56 obras presentouse á nova edición do Premio Torrente Ballester en galego, un galardón que convoca a Deputación da Coruña e que está dotado con 25 000 euros e a publicación da novela gañadora.

Fonte: Deputación da Coruña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder