Galicia
Valentín García participa en Lobeira na homenaxe a Xaquín Lorenzo "Xocas"
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no tributo a Xaquín Lorenzo "Xocas" na casa natal do autor en Facós, promovido polo Parlamento de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta destina 200 000 euros á tradución de obras ao galego a a outras linguas

A Xunta de Galicia apoiará a edición de libros en galego coa subvención de 200 000 euros para a tradución de 62 obras ao galego e 22 títulos do galego a outras linguas como o castelán, inglés, italiano e francés.
Fonte: Faro de Vigo
Berta Dávila gaña o Premio de Novela Manual García Barros
A autora Marta Dávila gañou o XXXI Premio de Novela Manuel García Barros pola súa obra Carrusel.
Fonte: Cultura Galega
Anxo Lorenzo destaca a excelencia e capacidade de estímulo á creación en galego do Premio de Poesía Afundación
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na entrega da XVII edición do Premio de Poesía Afundación ao escritor Miguel Sande por Os filósofos xa non brindan con cicuta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta achégalle á Fundación Rosalía de Castro 65 000 euros para difundir, estudar e preservar a obra da escritora galega
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, asinaron dous convenios de colaboración por un importe total de 65 000 euros destinados ao acondicionamento dos pavimentos dos xardíns exteriores aos edificios da Fundación e a Casa-Museo e para difundir, estudar e preservar a obra da escritora galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un total de 83 centros de infantil e primaria participou no certame "Contádenos o voso Día das Letras"

Un total de 83 centros de infantil e primaria de Galicia participou cunha ampla variedade de actividades sobre Antón Fraguas no certame "Contádenos o voso Día das Letras" organizado pola Real Academia Galega.
Fonte: RAG
Valentín García participa na clausura da mostra conmemorativa do 10º aniversario do SEL de Sanxenxo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de clausura da mostra conmemorativa do 10º aniversario do Seminario de Estudos Locais (SEL) de Sanxenxo, que se exhibe na sala de exposicións de Nauta no Porto Deportivo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un relatorio analiza os desafíos para a lingua galega nos medios de comunicación no mundo dixital
A directora da revista dixital Vinte analizou nos cursos de cultura e lingua galegas "Galego sen fronteiras" os desafíos que o galego está a afrontar nos medios de comunicación na era dixital.
Fonte: RAG
Valentín García participou no acto de entrega da Rosa de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da Rosa de Galicia á familia de José Villar Granjel e á Coral Padronesa, no marco do Festival Abride a Fiestra 2019 que se desenvolveu na Casa de Rosalía.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
"Rosalía en Camiño" dinamizará espazos rosalianos e xacobeos por medio da poesía

No marco do programa "O teu Xacobeo", cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Colectivo de Poetas de Bruxelas, baixo a coordinación de Xavier Queipo, e as galegas Chus Pato e Yolanda Castaño, ofrecerán recitais multilingües en Santiago, Ponteceso e Padrón.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín