Galicia
O Concello de Pontevedra presenta a nova edición do programa Maio, mes da lingua
O Concello de Pontevedra presentou a nova edición do programa Maio, mes da lingua, que inclúe diversas actividades como música, teatro, cinema, andainas, xogos, obradoiros etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Peque Peixe difunde os nomes dos animais mariños entre a rapazada galega

A lonxa de Burela foi o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Caldas acolle a celebración da X Festa da Lingua
A Festa da Lingua celebra en Caldas a súa décima edición, organizada pola coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega Terras do Umia, na que están incluídos centros educativos dos concellos de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas.
Fonte: Faro de Vigo
Ábrese o prazo para participar no certame de regueifas Enreguéifate

O proxecto Enreguéifate, un certame de regueifas impulsado polos concellos de Ames, Santiago e Teo para fomentar o emprego do galego a través da improvisación oral en verso, abre ata o 10 de xuño o seu prazo de inscrición para a presentación de vídeos.
Fonte: Concello de Ames
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á presentación de 'Amantes da Terra'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do novo espectáculo Amantes da Terra, que promoven Queiman e Pousa no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 xunto a Consellería de Cultura nos concellos de Vilalba, Portas e Redondela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Educación abre o prazo para participar o próximo curso no programa de seccións bilingües
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica a convocatoria para que os centros sostidos con fondos públicos soliciten a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/20, tal como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta e Xerais editan os textos gañadores dos últimos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María de literatura dramática

A Xunta e Edicións Xerais acaban de publicar en réxime de coedición os dous títulos galardoados cos últimos premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro e Manuel María, As oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, e Somos os monstros, de Paula Carballeira, respectivamente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Díaz Mouteira subliña a riqueza etnográfica dos entroidos galegos e convida á participación no desfile de exaltación desta festa que percorrerá as rúas ourensás
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participaron na presentación da primeira edición do Desfile dos entroidos tradicionais de Galicia en Ourense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O décimo informe 'Nós no mundo' pon o foco na relevancia da lusofonía para a acción exterior de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González, presentaron no Pazo de San Roque o informe anual de acción exterior de Galicia Nós no mundo. A lusofonía en Galicia e mais o Informe anual do IGADI 2018-2019. En rumbo de colisión.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Chega a terceira tempada das Sesións Destelo, unha iniciativa coa que dar a coñecer música feita en galego

Arranca a terceira edición das Sesións Destelo, un proxecto dixital que ten como obxectivo dar a coñecer bandas e solistas que fan música en galego. NeoRural, un tema do grupo vigués Bakarrá!, é o primeiro dos vídeos que forman parte desta nova tempada.
Fonte: Destelo
Boletín
Subscríbase ao boletín