Galicia
Díaz Pardo dálle nome a unha aula da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo
Co fin de propoñerlle como referencia ao alumnado as figuras de empresarios comprometidos coa realidade e a lingua propia de Galicia, a Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo deu un paso máis no proxecto iniciado hai dous anos de galeguizar o seu aulario. Fíxoo dándolle o nome do escritor, artista e empresario Isaac Díaz Pardo a unha das súas clases.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Betanzos convoca o IX Concurso de Creación Literaria en lingua galega para o estudantado
O IX Concurso de Creación Literaria conta con tres categorías: estudantes da ESO, de bacharelato e ciclos formativos. Poderanse presentar ao certame obras (relato curto ou poesía) de tema libre en lingua galega.
Fonte: La Opinión
O Concello de Santiago pon en marcha #SenCancelas, unha iniciativa de socialización en galego para a mocidade

O Concello de Santiago presentou o proxecto #SenCancelas, unha iniciativa de lecer destinada ás mozas e mozos que naceron entre os anos 2002 e 2005 para que conten cun contexto de socialización en lingua galega.
A Xunta convoca axudas destinadas ás entidades locais para a promoción do galego

A Consellería de Cultura e Turismo convoca unha liña de subvencións destinadas á creación, mantemento ou reforzamento de servizos de normalización lingüística nas entidades locais, así como ao desenvolvemento de programas de dinamización lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Política Lingüística réndelle homenaxe á investigadora rosaliana María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe a Rosalía de Castro (1837-1885) e á investigadora Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (1961-2018) organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo IES de Mos e celebrada na capela do Hostal dos Reis Católicos, lugar onde foi bautizada en 1837 a primeira destas mulleres.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nacen os Premios Mil Primaveras de recoñecemento a proxectos do ámbito da normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca por vez primeira os Premios Mil Primaveras destinados a iniciativas que poñan en valor e fomenten o galego, co obxectivo de recoñecer o traballo desenvolvido no ámbito da normalización lingüística, como actividades, proxectos ou campañas.
Fonte: CTNL
Elixio Rivas recibe en Ourense a Medalla de Ouro da Provincia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, asistiron ao acto de entrega da Medalla de Ouro da Provincia ao sacerdote, profesor, etnógrafo e lingüista Elixio Rivas, outorgada pola Deputación Provincial.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Pontevedra acollerá entre o 25 e o 27 de abril o festival de música en lingua galega Galegote Rock

O festival de música en lingua galega Galegote Rock chega á súa oitava edición que se celebrará en Pontevedra do 25 ao 27 de abril con catorce concertos en diferentes escenarios da cidade.
Fonte: Faro de Vigo
Netflix emitirá por primeira vez unha serie en lingua galega

A plataforma Netflix estrea a serie O sabor das margaridas, que ofrecerá na súa versión orixinal en lingua galega, así como dobrada ao español. Consta dun total de seis capítulos e está producida por CTV, Comarex e a TVG.
Fonte: Código Cero
Bertamiráns acolle a presentación dun traballo sobre a toponimia de Ames

Toponimia de Ames é o título dun traballo do filólogo Xosé Ramón López Boullón no que analiza a orixe de 116 nomes de parroquias e lugares habitados deste concello, aos que se suman as explicacións doutros 13 topónimos.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín