Galicia

A imaxe de Antonio Fraguas loce xa nas estacións e nos trens de Renfe para conmemorar o 17 de maio

A imaxe de Antonio Fraguas Fraguas, autor ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o 17 de maio, loce xa nas estacións e nos trens de Renfe para conmemorar as Letras Galegas. A Consellería de Cultura e Turismo e Renfe renovan, por terceiro ano, a súa colaboración en materia de dinamización lingüística para festexar o día grande da lingua e da cultura galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Biblioteca de Galicia porá ao dispor da cidadanía o legado bibliográfico de Agustín Fernández Paz

A Xunta de Galicia vén de aceptar a doazón do Fondo Agustín Fernández Paz, que permitirá coñecer o importante legado literario e pedagóxico do escritor vilalbés finado en Vigo en 2016.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O IES María Casares de Oleiros pon en marcha unha iniciativa para fomentar o uso do galego entre o alumnado

O IES María Casares de Oleiros impulsou unha iniciativa que consiste en falar galego durante 48 horas. Participaron neste reto uns 200 alumnos e alumnas do centro, que asinaron previamente un “contrato de compromiso lingüístico”.

Fonte: Sermos Galiza

O CDG celebra as Letras Galegas con tres montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas

O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón Teatro de Santiago.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A plataforma Queremos Galego convoca manifestacións en trece localidades de Galicia o 17 de maio

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a plataforma Queremos Galego convoca este ano manifestacións en trece localidades co obxectivo de deslocalizar a gran manifestación que se facía todos os anos en Santiago e facilitar así que todo o mundo poida participar nas mobilizacións simultáneas en toda Galicia en defensa da lingua galega. 

Fonte: Galicia Confidencial

Vegalsa-Eroski e Cultura homenaxean a Antonio Fraguas na semana grande das Letras Galegas

A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski homenaxean a Antonio Fraguas Fraguas na semana grande das Letras Galegas e volven poñer en marcha, por noveno ano consecutivo, a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán aos fogares galegos nos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa no IES Rosalía de Castro no acto de homenaxe a Antonio Fraguas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no compostelán IES Plurilingüe Rosalía de Castro ao acto de homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, con motivo das Letras Galegas 2019.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García asiste á presentación da obra ‘O diario de contos de Gabriela’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de presentación da obra O diario de contos de Gabriela celebrado no Hospital Universitario compostelán con motivo do Día do Neno Hospitalizado.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O alumnado de galego do instituto londiniense Cañada Blanch chega a Santiago na súa ‘Viaxe da lingua’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o subdirector xeral da Emigración e das Comunidades Galegas, Antonio Casas Calviño, recibiron na praza do Obradoiro ao grupo de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García asiste á apertura do ciclo cultural ‘Un mes e pico. O Pico Sacro na cultura xacobea’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta de Galicia para a provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, participaron, xunto co alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, na apertura do ciclo cultural Un mes e pico. O Pico Sacro na cultura xacobea.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder