Galicia
O profesorado afonda na traxectoria de Antonio Fraguas durante a V Xornada do Día das Letras Galegas
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, Valentín García, e o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Jesús Oitavén, participaron na apertura da V Xornada do Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García asiste á entrega dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e REC.Curta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á entrega dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e REC.Curta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Carreira Camiño das Letras réndelle tributo a Antonio Fraguas o 17 de maio na Cidade da Cultura

A VI Carreira Camiño das Letras renderalle tributo a Antonio Fraguas Fraguas, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, o propio 17 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Arranca en Cangas o Correlingua 2019, a carreira reivindicativa para o fomento do galego
O Correlingua arrincou o xoves 2 de maio en Cangas do Morrazo a súa edición de 2019 con 18 000 inscritos de máis de 200 centros educativos de toda Galicia. O lema deste ano é "O galego é a fórmula", unha referencia á ciencia, o fío condutor desta edición.
Fonte: La Opinión
O Concello de Pontevedra presenta a nova edición do programa Maio, mes da lingua
O Concello de Pontevedra presentou a nova edición do programa Maio, mes da lingua, que inclúe diversas actividades como música, teatro, cinema, andainas, xogos, obradoiros etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Peque Peixe difunde os nomes dos animais mariños entre a rapazada galega

A lonxa de Burela foi o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Caldas acolle a celebración da X Festa da Lingua
A Festa da Lingua celebra en Caldas a súa décima edición, organizada pola coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega Terras do Umia, na que están incluídos centros educativos dos concellos de Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas.
Fonte: Faro de Vigo
Ábrese o prazo para participar no certame de regueifas Enreguéifate

O proxecto Enreguéifate, un certame de regueifas impulsado polos concellos de Ames, Santiago e Teo para fomentar o emprego do galego a través da improvisación oral en verso, abre ata o 10 de xuño o seu prazo de inscrición para a presentación de vídeos.
Fonte: Concello de Ames
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á presentación de 'Amantes da Terra'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do novo espectáculo Amantes da Terra, que promoven Queiman e Pousa no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 xunto a Consellería de Cultura nos concellos de Vilalba, Portas e Redondela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Educación abre o prazo para participar o próximo curso no programa de seccións bilingües
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica a convocatoria para que os centros sostidos con fondos públicos soliciten a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/20, tal como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín