Galicia

A Deputación da Coruña financia máis de corenta servizos municipais de normalización lingüística

A Deputación da Coruña destina 386 000 € aos servizos de normalización lingüística dos concellos da provincia. En total, serán 47 os que se acollan a esta liña de subvencións, á que algúns se presentan de xeito individual e outros en alianza con outro concello para compartir o servizo.

Fonte: Deputación da Coruña

O I Certame de Regueifas de Sanxenxo promove o galego oral entre o alumnado da vila pontevedresa

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao Auditorio Emilia Pardo Bazán da vila pontevedresa para asistir ao I Certame de Regueifas celebrado neste concello. 

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística e a Universidade de Vigo poñen en valor o uso do galego nas redes sociais

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada organizada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e mais a Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo (UVigo) con motivo do Día das Redes Galegas. Este encontro forma parte das actividades que se desenvolven ao abeiro do convenio de colaboración entre a UVigo e a Consellería de Cultura e Turismo en materia de normalización lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Catro novos volumes recompilan topónimos de cinco concellos galegos

Os catro novos volumes da colección Terra Nomeada, presentados pola Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica, explican a orixe e o significado de arredor de mil topónimos dos concellos de Ames, A Estrada, Trabada e mais Begonte e Rábade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Queremos Galego presenta os actos reivindicativos que prepara para o 17 de maio

A plataforma Queremos Galego fai un chamamento para que a sociedade se mobilice o vindeiro 17 de maio para esixir "liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua galega. O cartel da xornada, deseñado por Luís Davila, terá como lema “Máis que nunca, Queremos Galego”.

Fonte: Praza Pública

Preséntase unha nova edición do Correlingua

O Correlingua 2019, organizado pola CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), comezará o 2 de maio en Cangas e terá como lema “O galego é a fórmula".

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do concurso Mazarelos que busca fomentar a creatividade literaria en galego

O concurso literario Mazarelos, que chega á súa quinta edición, ten entre os seus obxectivos fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Arrancan os clubs de lectura en librerías arredor do XIV Premio de Novela Europea Casino de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á rolda de prensa de presentación do inicio dos clubs de lectura que impulsan a Asociación Cultural Casino de Santiago e librerías compostelás no marco da campaña XIV Premio Casino de Santiago, que apoia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Carmen Pomar sinala como un referente na comunidade educativa a semana cultural do IES Antonio Fraguas Fraguas

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presentou a conferencia coa que o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes inaugurou a Semana Cultural Antonio Fraguas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García asiste á entrega dos XIV Premios á Calidade Lingüística da USC

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisitiu ao acto de entrega dos XIV Premios á Calidade Lingüística que convoca a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder