Galicia
O Concello de Cambados aproba a súa Ordenanza para o impulso do galego
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 20 de marzo publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso do galego no Concello de Cambados, un texto que o declara idioma propio e oficial desta Administración por ser lingua propia e oficial de Galicia.
Fonte: CTNL
Valentín García participa na apertura da iniciativa 'Poesía a bocados'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Praza de Abastos compostelá na apertura da iniciativa “Poesía a bocados”, que ten por obxectivo celebrar o Día Internacional da Poesía.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
FalaRedes 2019 ponse en marcha cunha actividade de homenaxe a Antonio Fraguas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Museo do Pobo Galego a actividade “Canta, miña pedra, canta”, coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Carmen Pomar salienta o papel dos Premios San Clemente no fomento da lectura e o espírito crítico entre os máis novos
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou o papel do Premio Arcebispo Juan de San Clemente -impulsado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago- no fomento da lectura e o espírito crítico entre os máis novos, que son os principais protagonistas deste galardón que se instaurou hai 24 anos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez súmase na Insua dos Poetas á VIII Celebración do Día da Árbore, a Auga e a Poesía
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, sumouse á VII Celebración do Día da Árbore, a Auga e a Poesía, que reuniu na Insua dos Poetas (na Esgueva, Madarnás) a máis de 300 escolares de dez centros educativos galegos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Físico’, un dos libros máis celebrados da poesía inglesa actual, chega ao galego

Físico, de Andrew McMillan, un dos libros máis celebrados da poesía inglesa actual, chega ao galego da man de Chan da Pólvora Editora na súa nova colección O Río, dedicada exclusivamente á tradución.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os premios de Lingua de namorar recoñecen a creatividade en galego da mocidade

As consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acaban de facer públicos os nomes dos gañadores da sétima edición do certame de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña convoca o V Concurso “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil en galego

O concurso musical “Quero Cantar” ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical na infancia e a mocidade de ata 16 anos. Solistas ou grupos participantes deberán interpretar unha composición en galego con letra e música orixinais e inéditas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ponse en marcha unha campaña para animar os contribuíntes a presentar a declaración da renda en galego

A Asociación de Funcionarias pola Normalización Lingüística organiza unha campaña baixo o lema “Eu declaro [a renda] en galego. É lóxico. Por dereito” coa que pretenden que as persoas contribuíntes escollan o galego para presentar a declaración da renda.
Fonte: Sermos Galiza
Valentín García imparte en Barcelona unha conferencia sobre Antonio Fraguas e as Letras Galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse a Barcelona para participar nun acto organizado pola Agrupación Cultural Galega Saudade, en cuxa sede pronunciou a conferencia "A importancia das Letras Galegas. Antonio Fraguas".
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín