Galicia

Padrón acolle a entrega de premios de 'Lingua de Namorar'

Tal e como estableceron as bases da sétima edición do certame de declaracións de amor en galego na rede dirixido á mocidade Lingua de namorar, Padrón acolleu o acto de entrega de premios, no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; e o delegado territorial, Ovidio Rodeiro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega no ano 2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas, que se realizarán en xuño en Santiago e Ponferrada, para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) no ano 2019.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Parlamento de Galicia apoia que o galego sexa un requisito para acceder á función pública

Todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia votaron a favor de manter como requisito o coñecemento do galego para obter un emprego na Administración autonómica.

Fonte: La Voz de Galicia

A poesía en lingua galega viaxa a Nova York da man da cuarta edición do Kerouac

A 4ª edición do Festival Internacional Kerouac volve levar a poesía en lingua galega en diálogo con outras artes a Nova York, do 3 ao 6 de abril. A directora do evento, Vanessa Álvarez, acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este festival.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua envía as súas propostas para os programas das eleccións municipais

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua envioulles aos partidos políticos con implantación en Galicia as súas propostas en materia de fomento do galego na Administración local, para que estes as teñan en conta á hora de elaborar os seus programas electorais para as vindeiras eleccións municipais.

Fonte: CTNL

Ames acolle obradoiros de regueifas para fomentar o uso do galego e a improvisación oral en verso

Os centros de secundaria de Ames acollerán obradoiros de regueifa impartidos por Josinho da Teixeira, Sara Marchena e Lupe Blanco no marco do proxecto Enreguéifate. En sesións duns 90 minutos de duración preténdese transmitirlle á mocidade xeitos de improvisación oral tradicionais e, ao mesmo tempo, revitalizar o uso da lingua galega.

Fonte: Concello de Ames

‘Do tempo e dos astros’ reúne dous traballos etnográficos de Antonio Fraguas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do libro de Antonio Fraguas Do tempo e dos astros. Trátase dunha publicación da Editorial Galaxia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia, que este ano se lle dedica ao autor do volume.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Denuncian que o Sergas carece de consentimentos informados en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer a denuncia dun usuario vigués ao que lle negaron un consentimento informado para unha intervención cirúrxica en galego por dispoñer deste documento só en castelán.

Fonte: Sermos Galiza

A Deputación de Pontevedra convoca axudas destinadas a entidades culturais para desenvolver actividades de promoción do galego

As entidades culturais sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra poderán acceder ás subvencións convocadas pola Deputación para desenvolver actividades de fomento do galego en 2019.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa na presentación da revista 'Confraría da Humildade. Semana Santa 2019'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova revista Confraría da Humildade. Semana Santa 2019. 10 anos nas rúas de Compostela, unha publicación anual e gratuíta que edita a confraría compostelá por cuarto ano coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder