Galicia

O escritor galego Manuel Rivas gaña o Premio Internacional de Escritura en Lingua Materna de Ostana

O Premio Internacional de Escritura en Lingua Materna de Ostana naceu en 2008 co obxectivo de poñer en valor as linguas de pequenos territorios e minoritarias. Neste ano 2019 chega á súa undécima edición, na que un dos galardoados é o escritor galego Manuel Rivas.

Fonte: Galicia Confidencial

A nova aplicación de Twitter para Windows 10 inclúe o galego

A app de Twitter para Windows 10 acaba de incorporar o galego nos novos paquetes de actualizacións, xunto con outras linguas coma o éuscaro, o gaélico irlandés ou o urdú.

Fonte: Galicia Confidencial

A Universidade de Santiago pon en marcha unha iniciativa para fortalecer a cooperación investigadora no ámbito da lingüística

‘Que andamos tramando?’ é unha iniciativa que ten como obxectivo fortalecer a colaboración entre o persoal investigador da Facultade de Filoloxía que traballa no ámbito da lingüística.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Foro Enrique Peinador recibe a Medalla de Ouro do Concello de Mondariz Balneario

Todos os grupos políticos do Concello de Mondariz Balneario acordaron por unanimidade concederlle a Medalla de Ouro do municipio ao Foro Enrique Peinador.

Fonte: Faro de Vigo

A Xunta presenta o curso Celga 3 en liña no marco do plan de formación en lingua galega

A Xunta, por medio dos responsables da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Secretaría Xeral da Emigración, presentou o novo curso en liña preparatorio do nivel 3 do certificado de acreditación da lingua galega (Celga).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha tese de doutoramento realizada na Universidade de Santiago afonda na diversidade lingüística indíxena en Hispanoamérica

A tese de doutoramento realizada por Isabel Corral Pérez aborda a realidade plurilingüe hispanoamericana e achega unha panorámica do recoñecemento social das linguas indíxenas desde unha perspectiva interdisciplinar.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Plan de formación en lingua galega da Xunta aposta polos cursos en liña

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsa o plan de formación en lingua galega da Xunta de Galicia. Trátase dunha acción formativa que se leva a cabo en colaboración con outras institucións (escolas oficiais de idiomas, Egap, Rede de Centros de Estudos Galegos, Rede de Dinamización Lingüística, universidades galegas etc.) que aposta polos cursos de teleformación e incorpora por primeira vez o preparatorio das probas de acreditación do Celga no seu nivel 3.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O festival Carballo Interplay impulsa os contidos dixitais en galego nas redes sociais

O Festival Carballo Interplay chega á súa sexta edición que conta, entre as súas actividades, co Premio a proxectos de webserie en galego. Este galardón convócase por terceiro ano e ten unha dotación económica de 1500 euros para a proposta gañadora.

Fonte: Código Cero

A Universidade de Santiago engade á súa Colección Clásicos do Pensamento Universal a tradución ao galego de tres novas obras

A Colección Clásicos do Pensamento Universal amplíase coa incorporación de tres novos volumes traducidos ao galego. Trátase de Leviatán, de Thomas Hobbes; Sobre a liberdade, de John Stuart Mill; e Unha breve historia do tempo, de Stephen Hawking.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O BNG proporá unha reforma da Lei de normalización lingüística para que o galego sexa a lingua vehicular no ensino

O BNG anunciou que vai presentar no Parlamento unha proposición de reforma da Lei de normalización lingüística co obxectivo "blindar" o galego como lingua vehicular no ensino.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder