Galicia

Preséntase a terceira edición de Youtubeir@s, o concurso para fomentar o uso do galego en Youtube

O proxecto Youtubeir@s, organizado por doce concellos galegos, a Deputación da Coruña e as tres universidades de Galicia, e dirixido a persoas maiores de 14 anos, chega á súa terceira edición co obxectivo de incrementar o uso do galego na canle Youtube.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un profesor da Universidade de Vigo traduce ao galego o discurso matemático máis famoso da historia

Nicanor Alonso, profesor do Departamento de Matemáticas, acaba de traducir ao galego un discurso formulado en 1900 polo matemático alemán David Hilbert, un relatorio considerado como o máis importante no ámbito científico ata a actualidade. A lista de Hilbert, que é así como se denomina o volume, recolle, ademais deste famoso discurso, unha reflexión sobre o actual estado das matemáticas e os retos aos que se enfronta.

Fonte: Universidade de Vigo

Xosé Antón Gómez Segade recibe o II Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago

O II Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago recaeu no profesor emérito Xosé Antón Gómez Segade, catedrático de Dereito Mercantil desta institución como recoñecemento ao seu compromiso con este idioma.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Concello da Guarda aproba a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello da Guarda, un texto que establece o galego como lingua propia e oficial da institución.

Fonte: CTNL

Reivindican a dobraxe ao galego do filme de Isabel Coixet 'Elisa e Marcela'

Dende a asociación Avante LGTB defenden que o filme dirixido por Isabel Coixet Elisa e Marcela debeu rodarse en galego, para amosar de xeito máis fiel a realidade da Coruña de principios do século XX. Xa que isto non foi así, reivindican que, polo menos, se faga a dobraxe a esta lingua da película que vai emitir Netflix.

Fonte: Galicia Confidencial

O certame de poesía Cidade de Ourense premiará traballos escritos en galego ou en portugués

O Concello ourensán acaba de convocar o XXXV Premio de Poesía Cidade Ourense, dotado con 6000 euros e a publicación da obra gañadora, ao que poderán presentarse traballos inéditos e orixinais que estean escritos en lingua galega ou portuguesa.

Fonte: Faro de Vigo

A Universidade de Santiago de Compostela convoca unha nova edición dos Premios á calidade lingüística

Os Premios á calidade lingüística, que chegan á súa décimo quinta edición, teñen como obxectivo fomentar o uso do galego entre o alumnado a través de premios aos mellores traballos académicos, proxectos de fin de carreira (PFC) ou traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de mestrado (TFM) redactados nesta lingua.  

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Xunta e Cerdedo-Cotobade homenaxean a Salustiano Portela cunha nova reedición da obra 'O cañón de pau'

A Xunta de Galicia, por medio das consellerías de Cultura e Turismo e mais de Educación, Universidade e Formación Profesional, e o Concello de Cerdedo-Cotobade homenaxearon a Salustiano Portela Pazos coa presentación da nova reedición da obra O cañón de pau.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago organiza o concurso de vídeos “O meu elemento” para fomentar a divulgación científica en galego

O concurso de vídeos “O meu elemento”, organizado no marco da celebración en 2019 do Ano Internacional do Sistema Periódico, está dirixido á comunidade universitaria e ao alumnado da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato de Galicia, e busca fomentar a expresión de contidos científicos en lingua galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Convócase unha nova edición do Concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde ao galego

A Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición, a cuarta, do Concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde ao galego. Este certame ten como obxectivo impulsar a creación de recursos divulgativos en galego en novos soportes.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder