Galicia
'La letteratura galega' verte ao italiano medio cento de textos doutras tantas figuras das letras

O novo volume La letteratura galega. Autori e testi verte ao italiano medio cento de textos arredor doutras tantas figuras das Letras Galegas, da man dos tres Centros de Estudos Galegos (CEG) italianos -Padua, Roma e Perugia- da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos e no marco da colección Finisterrae, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega (RAG).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntanse dous volumes cunha compilación da tradición oral de Salceda de Caselas

A praza do Concello de Salceda da Caselas, acolleu a presentación de dous volumes, titulados Descricións e Catálogo, editados pola Deputación de Pontevedra, que recollen a tradición oral deste municipio.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Radio Estrada convoca a terceira edición do seu concurso de cartas de amor en galego

Co gallo da celebración o 14 de febreiro do Día de San Valentín, Radio Estrada convoca a terceira edición do seu concurso de cartas de amor que ten como obxectivo fomentar a escritura en galego, tanto en prosa como en verso, e a reflexión sobre os distintos tipos de amor.
Fonte: La Voz de Galicia
Xunta e Foro Enrique Peinador homenaxean a Díaz Pardo con motivo do Día da Galeguidade Empresarial

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, nos xardíns situados fronte á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na celebración do Día da Galeguidade Empresarial, que este ano o Foro Enrique Peinador lle dedica ao empresario, artista e intelectual Isaac Díaz Pardo e que conta co apoio da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Sumando espazos, espallando lingua' congrega en Santiago máis dun cento de docentes dos EDLG
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Manuel Corredoira, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, inauguraron no Pazo de San Roque a xornada formativa para profesorado pertencente a equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) “Sumando espazos, espallando lingua”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca axudas para o fomento do uso do galego no ensino

A Xunta de Galicia, a través das consellerías de Cultura e Turismo e de Educación, Universidade e Formación Profesional, convoca, por medio da publicación de dúas ordes da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Diario Oficial de Galicia (DOG), as axudas para o fomento da lingua galega no ensino, tanto para centros de titularidade pública como para centros de titularidade privada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Publícanse dúas convocatorias de axudas para proxectos de fomento do galego no ensino non universitario

As axudas, convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo, están destinadas a proxectos de fomento do galego no ensino non universitario, unha para centros públicos e outra para centros privados, durante o curso 2018/2019.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase unha nova edición do concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ para fomentar o uso do galego nesta disciplina

A Universidade de Santiago de Compostela convoca a oitava edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, un certame que premia vídeos en galego que aborden un tema relacionado con esta disciplina e que ten como obxectivo fomentar a utilización desta lingua como medio de transmisión das matemáticas.
Fonte: USC
O Concello de Ribadumia aproba a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Ribadumia, un texto que declara o galego como idioma oficial da institución.
Fonte: CTNL
A Real Academia Galega presenta un avance do estudo sobre o uso do galego na mocidade

A IV Xornada de Normalización da Deputación de Pontevedra foi o escenario da presentación por parte da Real Academia Galega dun avance do estudo sobre a situación do galego na mocidade, en concreto, entre a chamada xeración Z (persoas nadas a partir de 1990).
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín