Galicia
A Universidade de Vigo organiza un curso pioneiro en tecnoloxías de refalado interlingüístico

O I Curso de especialista en refalado interlingüístico (inglés-español) comezará a impartirse en liña o vindeiro 21 de xaneiro e terá unha duración de 200 horas. Promovido por Galma, primeiro observatorio galego de accesibilidade aos medios, este curso afondará nas vantaxes do refalado lingüístico, un sistema empregado nos medios de comunicación para proporcionar servizos de accesibilidade a persoas con discapacidade auditiva.
Fonte: Universidade de Vigo
O concellos pontevedreses xa poden solicitar as axudas para normalización lingüística que convoca a Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publicou no BOP a convocatoria de axudas para a dinamización lingüística destinadas a concellos e outras entidades locais que poderán escoller entre crear ou manter o servizo de normalización lingüística ou poñer en marcha programas de dinamización do galego.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Danse a coñecer os gañadores do concurso de panxoliñas en galego organizado polo Concello de Zas
O concurso PanxoliñaZas, que este Nadal chegou á súa cuarta edición, xa ten gañadores. Con este certame o Concello de Zas busca promover o uso da lingua galega e das novas tecnoloxías, así como manter as tradicións.
Fonte: Concello de Zas
O Centro Galego de Artes da Imaxe inicia 2019 celebrando o cine e as linguas de Europa

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia da Consellería de Cultura e Turismo dálle a benvida ao 2019 cunha celebración das linguas e do cine de Europa.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta facilita que o alumnado de francés certifique o seu nivel neste idioma nas probas DELF Escolar
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional facilitará que as alumnas e alumnos de centros públicos de ensino secundario de Galicia que estuden a materia de Francés como primeira ou segunda lingua estranxeira, estean matriculados nunha Sección Bilingüe en Francés ou cursen o programa de Bacharelato de dobre titulación BachiBac se presenten ás probas DELF Escolar (Diplôme d’Études en Langue Française).
Fonte: Xunta de Galicia
A plataforma do libro dixital incorpora novos contidos de inglés para os 21 000 alumnos e docentes da iniciativa E-Dixgal

Os preto de 21 000 alumnos e docentes dos 267 centros educativos integrados na iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar xa teñen acceso aos contidos educativos de Inglés da Editorial Pearson.
Fonte: Xunta de Galicia
O Instituto da Lingua Galega publica un mapa coas denominacións tradicionais do último día do ano en Galicia
O Instituto da Lingua Galega (ILG) publicou un mapa lingüístico de polígonos coas designacións tradicionais do último día do ano en Galicia, entre as que se atopan ano vello, fin de ano, noitevella...
Fonte: Historia de Galicia
Cada vez máis as familias recorren á toponimia galega para poñerlles nome aos fillos e fillas

Cada vez máis proxenitores recorren ao nomenclátor de Galicia para escoller nomes para as súas fillas e fillos. De feito, segundo a investigadora Ana Isabel Boullón, o 21 % dos topónimos galegos xurdiu como nome de persoa, co que realmente a conexión existe.
Fonte: La Voz de Galicia
O proxecto Moléculas en Galego súmase á celebración do Ano Internacional da Táboa Periódica

No 2019 conmemórase o Ano Internacional da Táboa Periódica e, dende Galicia, o proxecto Moléculas en Galego, que leva anos traballando na divulgación de terminoloxía científica nesta lingua, quere sumarse a esta celebración e impulsar así o uso de termos químicos en galego co sorteo dun exemplar do libro Guía dos elementos químicos, Historia, propiedades e aplicacións.
Fonte: Praza Pública
A Xunta convoca 30 novos cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convocan 30 novos cursos de formación, presenciais e en liña, en linguaxe administrativa e xurídica galega de niveis medio e superior.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín