Galicia
Román Rodríguez destaca o papel dos Centros de Estudos Galegos na proxección internacional do Xacobeo 21
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurou o I Simposio Internacional Os estudos galegos camiño do Xacobeo 21, que conta coa presenza de 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior procedentes de 20 países, nomeadamente vencellados á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos (CEG) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Arranca a sétima edición de ‘Nadal en Rede’ con 75 actividades na Rede de Dinamización Lingüística

O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede volve con máis actividades ca nunca para pechar 2018 e gozar das festas máis luminosas do ano con ocio en galego. Un total de 75 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) recibirán a partir do 14 de decembro e ata o 4 de xaneiro un amplo abano de actividades -obradoiros, concertos, teatro-dirixidos a diferentes públicos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase unha nova edición dos premios ás curtas de animación en galego "Nós tamén creamos!"

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan unha nova edición dos premios ás curtas de animación en galego "Nós tamén creamos!".
Fonte: Consello da Cultura Galega
‘Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21’ reunirá en Santiago de Compostela a especialistas da Rede de Lectorados da Xunta

O I Simposio Internacional “Os estudos galegos camiño do Xacobeo 21” reunirá en Santiago de Compostela a 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior, nomeadamente os vencellados á Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia, do 14 ao 15 de decembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Descende o número de libros publicados en galego

Segundo a estatística do INE, no ano 2017 volveu descender o número de libros publicados en galego, un total de 972, fronte aos 976 de 2016, unhas cifras que contrastan coa leve recuperación que se producira no período 2014-2015, no que as publicacións nesta lingua chegaron ás 1120.
Fonte: Praza Pública
Máis de 3000 mozas e mozos participaron na campaña de promoción do uso do galego da Deputación da Coruña

O programa "O galego, a miña lingua propia", impulsado pola Deputación da Coruña para fomentar o uso do galego entre a mocidade, contou coa participación de 3392 estudantes de 70 centros de ensino da provincia.
Fonte: Deputación da Coruña
Pontevedra acolle novas actividades no marco do programa Apego de impulso da socialización en galego

O Concello de Pontevedra pon en marcha novas actividades do programa Apego, que ten como obxectivo proporcionarlles ás familias recursos para incrementar o uso do galego nas relacións cos seus fillos e fillas.
Fonte: La Voz de Galicia
Comeza na Estrada unha campaña de etiquetaxe de agasallos en lingua galega

O CEIP do Foxo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Estrada e a Asociación Comarcal de Empresarios, impulsa a campaña de etiquetaxe de agasallos en galego "Bicos a moreas" co lanzamento de 15 000 etiquetas cun debuxo realizado polo alumnado do centro acompañado dunha frase nesta lingua.
Fonte: Faro de Vigo
Cultura e Turismo apoia as accións de promoción do uso do galego impulsadas pola Asociación Galega de Áridos
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia as accións de promoción do uso do galego impulsadas desde a Asociación Galega de Áridos (Arigal), no marco do desenvolvemento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 aprobado pola Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística edita un catálogo con propostas de agasallos en galego para o Nadal

O Catálogo de Nadal 2018 recolle propostas de agasallos en galego para estas festas que ofrecen as empresas adscritas ao proxecto Abertos ao Galego. A idea deste proxecto é animar a que se merquen produtos nesta lingua e fomentar, así mesmo, un consumo responsable que aposte pola calidade e a proximidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín