Galicia
Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, Valentín García, participou na entrega do VII Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, organizado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García acompaña a Francisco Álvarez ‘Koki’ na presentación de tres novos libros
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de tres libros do escritor guardés afincado en Nova York Francisco Álvarez ‘Koki’. No acto, celebrado no Centro Cultural da Guarda, déronse a coñecer Vasoiras Barreiro, A memoria das palabras e a reedición de Un neno na emigración, todos eles publicados pola editorial Fervenza.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza no Ramón Piñeiro o curso ‘Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou na sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) o curso de formación “Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega”, organizado polo CRPIH, o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase a XIX edición dos Premios Manuel Beiras que recoñecen o compromiso co galego no sector empresarial compostelán

O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio convocan unha nova edición dos Premios Manuel Beiras, que teñen como obxectivo recoñecer o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial compostelán.
A Mesa pola Normalización Lingüística publica un libro en galego dedicado ao tempo meteorolóxico

O tempo meteorolóxico é un libro de pequeno formato, ilustrado por Miguel Robledo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e que ten como obxectivo que identifique os fenómenos meteorolóxicos e o seu nome en galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Denuncian que un xulgado de Lugo se nega a notificar unha sentenza en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o xulgado do penal número 2 de Lugo incumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, xa que se nega a notificar unha sentenza en galego a un cidadán que así o solicitou en dúas ocasións.
Fonte: Sermos Galiza
Denuncian a desaparición do galego no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
A Irmandade da Sanidade Galega (Isaga) denuncia a progresiva desaparición do galego en varios ámbitos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, como o aparcadoiro, os ascensores, os impresos para as citas e as consultas ou os resultados analíticos.
Fonte: Xornal de Vigo
A Real Academia Galega defende a necesidade de que a toponimia galega sexa declarada patrimonio da humanidade

A declaración da toponimia de Galicia pola Unesco como patrimonio cultural da humanidade é unha vella aspiración da Real Academia Galega, unha idea que defendeu o académico Vicente Feijoo Ares ante a Real Sociedade Xeográfica.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concurso-Exposición Letras Galegas convida os centros educativos a afondar na figura de Antón Fraguas
Xa está publicada no Portal da Lingua Galega e no Portal Educativo unha nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor homenaxeado o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os XXIX premios San Martiño recoñecen o labor a prol da lingua de Pereira Valcárcel, Lema Suárez e Uxía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos XXVIII Premios San Martiño de Normalización ao escritor Manuel Pereira Valcárcel, na modalidade A Estrada e Comarca de Terra de Montes; á cantora Uxía, na modalidade Galicia Enteira, e ao profesor Xosé María Lema Suárez, na de Toda unha vida.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín