Galicia
Negreira e Barbadás danse cita co 'Asubíos' do FalaRedes este domingo
As comarcas da Barcala e de Ourense acollen o vindeiro domingo as actividades do FalaRedes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Mestre Vide. Obra para piano e canto-piano’ conmemora o 125º aniversario do nacemento de José Fernández Vide
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do novo traballo discográfico Mestre Vide. Obra para piano e canto-piano, que conmemora o 125º aniversario do nacemento do compositor ourensán José Fernández Vide coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Vigo impulsa unha campaña de promoción da lectura en galego entre as persoas usuarias do transporte urbano

As persoas usuarias da liña C4A do transporte público urbano de Vigo recibiron de mans do alcalde exemplares da novela Adiós María de Xohana Torres. Trátase da primeira acción da campaña de promoción da lectura en galego impulsada polo Concello xunto coa Editorial Galaxia e Vitrasa.
Fonte: Noticias Vigo
O Simposio María Victoria Moreno pecha os actos dedicados este ano á autora homenaxeada o 17 de maio
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, clausuraron o Simposio María Victoria Moreno, organizado pola RAG coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo para pechar os actos arredor da autora a quen se lle dedicaron as Letras Galegas este 2018.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O colexio de Rubiáns pon en marcha unha iniciativa de fomento do galego e da cociña saudable

O colexio de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, impulsa unha iniciativa para promover entre o alumnado unha alimentación saudable mentres se fomenta o uso do galego.
Fonte: Canal Rías Baixas
A conselleira de Educación conmemora o aniversario da Constitución Española no CEIP Apóstolo Santiago
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, conmemorou os 40 anos da Constitución Española nunha xornada de celebración co alumnado do CEIP Apóstolo Santiago, da capital galega, nun acto no que participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no acto de apertura da XIV Xornada de normalización lingüística das Escolas Católicas de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de apertura da XIV Xornada de normalización lingüística das Escolas Católicas de Galicia. O encontro diríxese a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta reforza o compromiso con Culturgal incrementando o seu apoio económico e promovendo unha vintena de actividades

A feira das industrias culturais Culturgal anunciou a programación completa que desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema “Ti marcas o compás”. Será a undécima edición deste evento, que volve contar co apoio económico da Xunta de Galicia como a principal entidade patrocinadora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o Premio Literario Descubrindo Oleiros para fomentar o galego e dar a coñecer o municipio

O Concello de Oleiros convoca unha nova edición, a quinta, do seu premio literario, unha iniciativa dirixida a rapazas e rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO e que ten dous obxectivos principais: fomentar o uso do galego e dar coñecer o municipio.
Fonte: Concello de Oleiros
Tomiño acollerá a gala de clausura do Ano da Lingua impulsado pola Deputación de Pontevedra
O sábado 8 de decembro é a data na que a Deputación de Pontevedra vai rematar os actos do Ano da Lingua. E farao en Tomiño, que ese día acollerá unha gala que servirá para poñer en valor a lingua e a cultura galegas.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Boletín
Subscríbase ao boletín