Galicia
A RAG nomea a Mercedes Queixas Zas nova académica correspondente
A escritora e profesora Mercedes Queixas Zas foi nomeada nova académica correspondente da Real Academia Galega no último pleno ordinario que a institución celebrou na Coruña.
Fonte: RAG
Artistas e grupos profesionais xa poden inscribirse no Musigal 2019, un programa para o impulso da música en galego

A Deputación de Pontevedra abriu o prazo de inscrición no Musigal 2019 aos grupos e artistas profesionais con domicilio social nesa provincia. O programa conta cunha dotación orzamentaria de medio millón de euros e ten como obxectivo apoiar os concellos para que contraten música galega e en galego.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Cultura e Turismo apoia a celebración do centenario de Carlos Álvarez Fernández-Cid
A Consellería de Cultura e Turismo apoia a celebración do centenario do nacemento de Carlos Álvarez Fernández-Cid. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Cine Teatro de Ribadeo, no acto de homenaxe do farmacéutico, profesor e músico ribadense que promoveu a comisión organizadora do centenario do seu nacemento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Os amorodos de Bergman' de Fernando Redondo Neira, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018
O profesor, xornalista e investigador galego Fernando Redondo Neira (Boqueixón, 1971) fíxose coa XVIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa, pola obra Os amorodos de Bergman.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación das obras finalistas do XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no compostelán Café-Casino na rolda de prensa na que se deron a coñecer as novelas finalistas do XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A EGAP convoca un concurso de literatura infantil e xuvenil en galego

A Escola Galega de Administración Pública organiza o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, un certame que busca concienciar as nenas e os nenos da necesidade de impulsar a dinamización do galego.
Fonte: EGAP
Danse a coñecer os gañadores do Premio Lingua e Empresa impulsado polo Concello de Ames

O xurado do Premio Lingua e Empresa decidiu declarar gañadoras tres empresas amesás, que se repartirán o importe do galardón a partes iguais: Biosbardos, Xestiago e Asesoría Xeral Galega SL. Cada unha recibirá 833,33 € e unha campaña de difusión na Radio Municipal de Ames.
Fonte: Concello de Ames
Os Bolechas viaxan ao Polo Norte da man de 'Nadal en Rede'

Os irmáns animados máis famosos de Galicia, Os Bolechas, emprenden este sábado, 22 de decembro, unha nova viaxe da man do programa Nadal en Rede, da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, na que levarán a súa actividade –que conta tamén coa colaboración de Gadis e mais da Compañía Radio-Televisión de Galicia (CRTVG)– ao Porriño, Viveiro, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo, Ourense, Muros, Ponteareas e Rianxo, ata o 7 de xaneiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no acto de entrega do Premio Otero Pedrayo a Antía Cal e María Xosé Queizán
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo 2018, ex aequo, a Antía Cal e María Xosé Queizán.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un informe alerta da preocupante situación do galego no mundo dos xoguetes

Un informe da Mesa pola Normalización Lingüística reflicte a preocupante situación do galego no sector dos xoguetes. Tras a análise de case 25 000, a conclusión é que só o 0,69 % contén esta lingua, é dicir, 148 produtos, mentres que o 0,38 % está unicamente en galego.
Fonte: GaliciaPress
Boletín
Subscríbase ao boletín