Galicia

O Concello de Carral convoca unha nova edición do seu concurso de poesía en lingua galega

O Concello de Carral convoca a edición número 22 do seu concurso de poesía en lingua galega, dotado cun premio de 2500 euros e a publicación da obra por Edicións Espiral Maior.

Fonte: Concello de Carral

A Consellería de Cultura e Turismo convoca axudas para o libro galego

A convocatoria de axudas para o libro galego está destinada á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego así como á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta convoca axudas destinadas ás entidades locais para a compra de novidades editoriais en galego

As subvencións, convocadas pola Consellería de Cultura e Turismo, están destinadas ás entidades locais de Galicia para a compra de novidades editoriais en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Rede de Dinamización Lingüística celebra en Sanxenxo a súa VII reunión ordinaria anual

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) coordinada desde a Xunta celebrou en Sanxenxo a súa VII reunión ordinaria anual, na que participaron, en representación da Administración autonómica, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel. En representación das outras entidades que conforman a Área Política do proxecto fixérono alcaldes e outros responsables institucionais.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Mondoñedo quere abrir un centro de inmersión de segundas linguas

O BNG e o PP de Mondoñedo apoiaron unha moción para dotar o concello mindoniense dun centro de inmersión de segundas linguas.

Fonte: Xornal da Mariña

O Concello de Xove promove o uso do galego na actividade empresarial

O Concello de Xove presentou a campaña Xoveemprende coa que espera promover o uso do galego nas novas empresas.

Fonte: Xornal da Mariña

A obra completa de Rosalía de Castro xa se pode ler en xaponés grazas a Takekazu Asaka

O secretario xeral de Política Lingüística e o embaixador do galego máis famoso do Xapón presentaron Wakaba syuu, edición bilingüe xaponés-galego de Follas novas coa que o profesor da Universidade de Tsudajuku completa a tradución da obra rosaliana á lingua nipoa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

"Deseucaliptización" é escollida a palabra do ano

O concurso da Palabra do Ano promovido polo Portal das Palabras da Real Academia Galega xa ten gañador. Trátase da palabra "deseucaliptización" que recibiu máis da metade dos votos emitidos.

Fonte: RAG

‘Nadal en rede’ celebra as festas en galego en máis de vinte concellos da rede de dinamización

O programa de dinamización lingüística "Nadal en Rede", impulsado desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, chegará a 21 novas localidades galegas con actividades musicais, obradoiros e sesións de teatro. Os concellos onde terán lugar estas actividades do programa son Dodro, O Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Oroso, Ponteceso, Avión, Fene, Ortigueira, Caldas de Reis, Toén, Fisterra, A Cañiza, Mondariz-Balneario, O Porriño, Bueu, Melide, Vimianzo, Arteixo, A Pontenova, Taboada e Castro Caldelas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

Unha aplicación móbil pon en valor os establecementos comerciais que usan o galego

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, presentou en Pontevedra a aplicación móbil "Abertos ao Galego" que aposta por pór en valor os establecementos comerciais que empregan o galego como lingua principal para os seus produtos e servizos.

Fonte: Sermos Galiza

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder