Galicia
Sara Brandão gaña o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte Portugal
A obra Ver da escritora Sara Brandão gañou a cuarta edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal, un certame promovido conxuntamente pola Consellería de Cultura e Turismo –a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais–, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na entrega dos XIX Premios Manuel Beiras

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos XIX Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa, que convocan conxuntamente o Concello e a Cámara de Comercio composteláns.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nace #instaGal, un espazo participativo en Instagram para coñecer os usos do galego

A Televisión de Galicia acaba de poñer en marcha no seu perfil de Instagram unha nova sección, #instaGal, coa que pretende impulsar o uso da lingua galega así como interactuar cos seus usuarios. A dinámica será a seguinte: cada martes, a TVG incluirá unha palabra no perfil co obxectivo de que os seguidores acheguen sinónimos ou as variedades dialectais da súa zona.
Fonte: CRTVG
Unha nova aplicación pon en valor a presenza da lingua galega nos establecementos comerciais

A Mesa pola Normalización Lingüística lanza unha nova aplicación móbil que porá en valor a presenza da lingua galega nos comercios. Esta ferramenta permite localizar estes establecementos, tanto en modo mapa como en modo busca, filtrando polo nome ou por categorías.
Fonte: Galicia Confidencial
Comeza a fase de votación entre as seis finalistas para elixir a Palabra do Ano 2018

As seis voces que optan a se converter en Palabra do Ano 2018, tras a fase de recollida de suxestións, son as seguintes: apoderamento, deseucaliptización, fariña, fascismo, feminismo e sororidade.
Fonte: Real Academia Galega
Xunta, Parlamento e Foro Peinador entregan os XXV Premios de Publicidade en galego

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González, entregaron, na Cámara galega, os XXV Premios de Publicidade en galego convocados conxuntamente polas tres entidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo contará en breve con sinalización en galego
Despois de que hai unhas semanas se denunciase a ausencia do galego do Hospital Álvaro Cunqueiro, o secretario xeral de Política Lingüística anunciou que a Xunta está traballando para solucionar en breve este problema.
Fonte: Xornal de Vigo
Cultura e Turismo clausura o I Simposio Internacional Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21

A Consellería de Cultura e Turismo clausurou no compostelán Hostal dos Reis Católicos o I Simposio Internacional Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21 no que se deron cita durante dous días máis de 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior procedentes dos Centros de Estudos Galegos da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta un informe sobre a situación do galego no ámbito bancario

Segundo o informe O uso do galego nas páxinas web das entidades bancarias, presentado en Santiago pola Mesa pola Normalización Lingüística, só un terzo dos bancos garante o emprego desta lingua na súa web e só 4 das 14 entidades colaboradoras (entidades nas que se teñen que realizar trámites obrigatorios) ofrecen servizos web en galego.
Fonte: Sermos Galiza
Ana Cabaleiro recolle na Estrada o XXX Premio de Novela Manuel García Barros
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Teatro Principal da Estrada na entrega do Premio de Novela Manuel García Barros á xornalista Ana Cabaleiro pola obra As Ramonas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín