Galicia

O xornal La Voz de Galicia pon en marcha un curso de galego en liña

La Voz de Galicia presenta un curso de galego en liña, estruturado en dez unidades, deseñado para adquirir as competencias lingüísticas necesarias para superar as probas do Celga 3.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Política Lingüística participa na homenaxe a Saco Arce no 150º aniversario da súa ‘Gramática gallega’

O Rexurdimento do galego no século XIX non foi só literario. En 1868 saíu do prelo de Soto Freire, o mesmo que publicara cinco anos antes os Cantares gallegos de Rosalía de Castro, a primeira gramática galega elaborada con criterios científicos, da autoría de Juan Antonio Saco e Arce.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O FalaRedes fai parada en Santiago este domingo para presentar 'Asubíos'

A capital de Galicia acollerá este domingo unha nova actividade do FalaRedes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Real Academia Galega e a Deputación de Lugo renovan o seu convenio de colaboración

A Real Academia Galega e a Deputación de Lugo asinaron a renovación do seu convenio de colaboración polo que a institución provincial apoiará, cunha achega anual de 9000 euros, distintas accións para fomentar a lingua e a cultura galegas.

Fonte: Real Academia Galega

A educación musical centra a ‘XI Xornada de recursos educativos en galego’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da "XI Xornada de recursos educativos en galego: A educación musical" na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cultura e Turismo celebra no Pórtico da Gloria o Mes da Ciencia en Galego

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou con alumnado do IES Sofía Casanova de Ferrol no acto institucional de celebración do Mes da Ciencia en Galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra organiza un obradoiro de micoloxía e unha exposición sobre Castelao para fomentar o galego nas aulas

A mostra sobre Castelao poderá verse ata o 26 de novembro no CEIP San Bieito de Lérez e estará composta por 17 láminas de cartón-pluma de varios tamaños. No que respecta aos obradoiros micolóxicos, impartiranse na escola de Verducido  para nenas e nenos de sexto curso de Educación Infantil e primeiro e segundo de Primaria.

Fonte: Faro de Vigo

O Centro Ramón Piñeiro pecha os actos conmemorativos do seu 25º aniversario cunha conferencia de Guillermo Rojo

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pechou os actos conmemorativos do seu 25º aniversario tras acoller a conferencia de clausura impartida por Guillermo Rojo, colaborador da institución e tesoureiro da Real Academia Española (RAE).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Fanse públicos os galardoados cos Premios Bacelos de Prata 2018

Os Premios Bacelos de Prata, convocados pola Asociación Álvaro das Casas, buscan recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego. Nesta edición as entidades galardoadas son a empresa de conservas vexetais ecolóxicas Conservas Amorodo e a adega Vermutería de Galicia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Comezan os exames da convocatoria extraordinaria do Celga, con 1107 persoas matriculadas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, supervisou no IES compostelán Antón Fraguas o inicio das probas de acreditación do Celga 4, no marco da convocatoria extraordinaria convocada polo seu departamento para este ano.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder