Galicia

Os centros educativos de Silleda elaborarán lemas en galego para distribuír no Nadal entre os establecementos comerciais

O Concello de Silleda, en colaboración cos centros educativos e o comercio local, pon en marcha a quinta edición de Silledagasalla, unha iniciativa coa que se pretende impulsar a lingua galega entre a poboación. O certame consiste na elaboración de lemas en galego por parte do alumnado que posteriormente acompañarán os agasallos de Nadal que se merquen nos establecementos comerciais.

Fonte: Faro de Vigo

A Mesa pola Normalización Lingüística entregaralle un informe ao Consello de Europa para denunciar a vulneración dos dereitos lingüísticos

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia neste informe o incumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias en Galicia, o que aumenta a vulneración dos dereitos lingüísticos en ámbitos como a educación, a xustiza ou a Administración pública.

Fonte: El Correo Gallego

Marcos Calveiro gaña o XXIV Premio San Clemente Rosalía-Abanca

A XXIV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, convocado pola Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa ten gañadores.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Ramón Piñeiro edita a Guía dos elementos químicos

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), por medio do Proxecto Terminoloxía Científico-Técnica en Lingua Galega (Termigal), editou a nova Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, unha publicación divulgativa continuadora da obra O nome e o símbolo dos elementos químicos (2006), coa que se pretende dar a coñecer os elementos que conforman a táboa periódica.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

PuntoGal celebra o Samaín cun concurso de microrrelatos en galego

PuntoGal, o dominio da lingua e a cultura galegas en internet, en colaboración con Dinahosting, celebrará o Samaín cun concurso de microrrelatos no que, a partir dun texto inicial en galego de Rosa Aneiros, as persoas participantes deberán continuar a historia onde a deixou a escritora.

Fonte: Asociación PuntoGal

As XI Jornadas de Actualização Docente de PLE céntranse na dimensión pluricultural do portugués

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), na inauguración das XI Jornadas de Actualização Docente de PLE (português língua estrangeira).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Antón Pulido recibe o III Premio Ágora de Orcellón

O pintor, gravador, deseñador e xestor cultural Antón Pulido (Amoeiro, 1944) recibiu o III Premio Ágora de Orcellón, concedido polo Instituto de Estudos Carballiñenses en recoñecemento á excelente traxectoria que levou a obra do ourensán a unha manchea de museos e galerías de dentro e fóra de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García valora o precedente do Estatuto do 36 na consecución do actual status do galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, valorou o precedente do Estatuto do 36 na consecución do actual status do galego. Fíxoo na súa participación na presentación do libro Portela Valladares: Ante el Estatuto, de Manoel Carrete Rivera, que se celebrou no Castelo de Castro Caldelas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta renova o convenio de colaboración coa Universidade do Algarve co que contribúe á difusión exterior do galego

A Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade do Algarve renovaron o seu acordo de colaboración, ao que se destinaron 12 000 euros, para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

Fonte: Crónicas de la Emigración

Convócase a segunda edición do Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago

O Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo recoñecer publicamente o labor de persoas ou organizacións a prol da normalización do uso do galego nesta institución.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder