Galicia
Cultura e Turismo apoia o I Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes

A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), apoia o I Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia, que se celebrará no CGAC do 29 de outubro ao 3 de novembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística convida a festexar o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNL) convida a todos os concellos galegos a festexar o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia. En concreto, anímaos a galeguizar os rótulos dos cemiterios e colocar placas conmemorativas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Cámara galega vota por unanimidade que se solicite a admisión de Galicia na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade instar a Xunta a que inicie os trámites, durante a presente lexislatura, para solicitar a admisión de Galicia como membro da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. Así mesmo, a Cámara pediu un desenvolvemento real e efectivo da Lei Paz Andrade coa convocatoria de prazas de docentes de portugués na vindeira oferta pública de emprego.
Fonte: Culturagalega.org
O Concello de Moeche aproba a súa Ordenanza do uso social da lingua galega

A Ordenanza do uso social da lingua galega do Concello de Moeche, logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 19 de outubro de 2018.
Fonte: CTNL
Os exames da convocatoria extraordinaria do Celga 2 e do Celga 4 serán o 17 e o 24 de novembro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG a Resolución do 15 de outubro de 2018 pola que se fixan as datas de realización das probas convocadas mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4 para os días 17 e 24 de novembro de 2018.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A exposición '56 páxinas das nosas Letras' exhíbese en Lisboa
A exposición '56 páxinas das nosas Letras', promovida polo Parlamento galego, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega (RAG) para poñer en valor as figuras homenaxeadas cada 17 de maio desde 1963, exhíbese ata o vindeiro 4 de novembro na Casa dos Açores en Lisboa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago edita un glosario con termos de dereito do traballo e da seguridade social

A Universidade de Santiago de Compostela presentou na Facultade de Dereito a obra Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social, un glosario trilingüe (galego-español-inglés) no que se inclúen máis de 1000 voces destes ámbitos.
Fonte: USC
A Xunta de Galicia conmemora co Instituto Camões vinte anos de presenza desta entidade en Vigo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, participaron no acto conmemorativo do aniversario do Centro Cultural Português do Instituto Camões en Vigo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Anxo Lorenzo inaugura en Denver o III Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

O director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo, inaugurou en Denver o III Simposio norteamericano de Estudos Galegos, organizado pola Regis University, a Metropolitan State University of Denver e o Colorado College coa colaboración da Consellería, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García recibe a Galina Yusupova, directora do Colexio Rosalía de Castro de Moscova
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu no Pazo de San Roque a Galina Yusupova, directora do Colexio Rosalía de Castro de Moscova.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín