Galicia

Arteixo, Betanzos e Ribadumia acollen esta fin de semana ‘Asubíos’, a nova proposta do FalaRedes

Por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Xunta de Galicia volve programar nesta primeira fin de semana de outubro actividades nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Nesta ocasión, o protagonista da programación será a coñecida compañía de teatro do Elefante Elegante, que trae unha nova proposta dirixida ao público familiar desde os 3 anos baixo o título Asubíos

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha nova unidade didáctica dá a coñecer a vida e a obra do matemático Domingo Fontán

Valentín García participou no Consello da Cultura Galega (CCG) na presentación da unidade didáctica “Domingo Fontán e a Carta geométrica de Galicia”, xurdida da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística; a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG e a Real Academia Galega de Ciencias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil analiza o papel da lectura como ferramenta de equidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no ourensán Campus das Lagoas da Universidade de Vigo, na apertura do IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Aumenta a edición de libros en galego

Segundo un informe do Ministerio de Cultura e Deporte, no ano 2017 produciuse un incremento do 6,4% no número de libros publicados en galego (1288 fronte aos 1211 de 2016). No referido aos títulos traducidos ao galego, a cifra, porén, descende, ao pasar dos 54 de 2016 aos 42 de 2017.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda reúne a homenaxe de 90 autores a esta cima mítica

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse ao Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, en Silleda, para participar na presentación do volume Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O MOME da Estrada acolle a presentación de Chitón ata a fin da terra

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Museo da Madeira e do Moble da Estrada (MOME), na presentación do conto infantil Chitón ata a fin da terra.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase o Premio Xela Arias para reivindicar o galego como lingua de traballo no ámbito da tradución

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convoca o Premio Xela Arias, co obxectivo de homenaxear a figura desta escritora e tradutora e reivindicar o galego como lingua de traballo no ámbito da tradución.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Publican un estudo sobre a toponimia da parroquia viguesa de Comesaña

O Concello e a Universidade de Vigo, a través dos seus respectivos servizos lingüísticos, colaboraron na publicación dun novo volume da colección Toponimia do Val do Fragoso, que nesta ocasión está dedicado á parroquia viguesa de Comesaña.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Deputación da Coruña continúa a súa campaña para fomentar o uso do galego entre a mocidade

A Deputación da Coruña anunciou a segunda edición da campaña 'O galego, a miña lingua propia' que chegará aos centros de secundaria de 43 concellos da provincia para animar a xente nova a usar o galego a través das experiencias de representantes de ámbitos atractivos para a mocidade como a música, o deporte, as novas tecnoloxías ou o grafite.

Fonte: Deputación da Coruña

Román Rodríguez presenta os XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro dedicados a María Victoria Moreno

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou no Pazo de San Roque os XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro. María Victoria Moreno. Palabra fértil no tempo, un volume dedicado a afondar na figura da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, que vén de publicarse co gallo da programación conmemorativa impulsada desde a Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder