Galicia

O Concello de Santiago convoca axudas para o comercio local cunha liña destinada a incrementar o uso do galego

O Concello de Santiago presentou a convocatoria de axudas destinadas á mellora e á innovación do comercio local para o ano 2018, baixo o título "Coidar para mellorar, mellorar para coidar". Entre os seus obxectivos, destaca unha liña dirixida á mellora da comunicación dos establecementos comerciais e á incorporación ou ampliación nestes do uso da lingua galega.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Chega a Moaña a mostra dos Bolechas coa que a Deputación de Pontevedra quere fomentar o uso do galego entre os máis pequenos

A mostra ‘Gatiños, Ghatiñas, Gatíos. Xeitos de falarmos galego', organizada pola Deputación de Pontevedra, permanecerá en Moaña ata o 20 de setembro para darlles a coñecer ás cativas e aos cativos a riqueza da lingua galega a través dos irmáns Bolechas.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Preséntanse as novas ferramentas informáticas nas que está a traballar a Real Academia Galega para salvagardar a toponimia

Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, presentou as ferramentas tecnolóxicas nas que se está a traballar para protexer e divulgar o rico patrimonio toponímico de Galicia.

Fonte: Real Academia Galega

A Deputación da Coruña anima o alumnado a participar no seu certame de cancións en galego

Co gallo do comezo do curso escolar, a Deputación da Coruña fai un chamamento á participación no III Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar, un concurso de cancións en galego para grupos ou solistas cuxo prazo de presentación das propostas musicais finaliza o 19 de outubro.

Fonte: Deputación da Coruña

O Concello de Ames organiza obradoiros de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia

O Concello de Ames organiza unha nova edición dos Obradoiros de Lingua e Cultura “En galego, co teu acento!”, destinados a persoas procedentes de fóra de Galicia que vivan neste municipio.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Redes, territorio e memoria centran o XII Congreso Internacional de Estudos Galegos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, participaron na inauguración do XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que reúne galicianistas de todo o mundo arredor do tema “Novos horizontes para unha Galicia global: redes, territorio, memoria”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Consello Asesor do Libro estuda as liñas de actuación que definirán o Plan Galego de Dinamización da Lectura

A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolleu a reunión do Consello Asesor do Libro, un organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento sobre as políticas relacionadas coa Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ricardo Ferreiro faise co III Concurso Balbino de Relatos pola obra 'Máis alá do río do esquecemento'

Ricardo Ferreiro Almeda fíxose coa III edición do Concurso Balbino de Relatos pola obra Máis alá do río do esquecemento. O galardón, que convoca Técnicas & Gramaxe coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística inclúe 1500 euros de premio e a publicación da peza por Edicións Fervenza.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García incide na importancia de visibilizar e dinamizar o uso do galego no tecido económico

O secretario xeral de Política Lingüística participou na rolda de prensa de presentación da nova revista promocional da 32ª edición da Feira do Moble de Galicia, que se celebrará na Estrada do 19 ao 23 de setembro, e incidiu na súa intervención na importancia de visibilizar e dinamizar o uso do galego no tecido socieconómico. A publicación, que conta co apoio da Xunta de Galicia, dá conta do programa da feira e dos 65 expositores participantes por medio dunha tirada de 4500 exemplares.

Fonte.- SXPL

Cultura incorpora tres novos autores ao Portico of Galician Literature, a web que difunde a literatura galega no exterior

A Consellería de Cultura e Educación engade tres novos autores galegos ao Portico of Galician Literature, o portal web en inglés, accesible en www.galicianliterature.gal, que ten como obxectivo principal dar a coñecer no exterior os escritores e as escritoras da literatura galega, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder