Galicia

A Deputación de Pontevedra concede axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega

Un total de 75 entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra conseguiu financiamento para actividades de dinamización lingüística relacionadas con catro eixes: fomento da creación en galego; sociolingüística e toponimia; promoción do galego no comercio e na industria; e recoñecementos e distincións.

Fonte: Deputación de Pontevedra

O coro Son de Acacias cantará en Xerusalén a primeira misa en galego

O coro vigués Son de Acacias cantará a primeira misa en galego na igrexa da Natividade de Belén o vindeiro 7 de decembro, no marco dunha viaxe de intercambio cultural a Xerusalén que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires visita a Cidade da Cultura

Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañados pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, recibiron os 18 alumnos e alumnas e os dous profesores do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires que se encontran de viaxe de estudos en Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Fene acolle a estrea de Asubíos, a nova peza teatral de dinamización lingüística do FalaRedes

O concello coruñés de Fene acolleu a estrea de Asubíos, a nova peza teatral de dinamización lingüística do programa FalaRedes, “no marco dunha xira de funcións exclusiva para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que percorrerá 20 localidades galegas ata decembro”. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa da súa presentación, destacou que o FalaRedes “é o programa de dinamización lingüística máis consolidado nas axendas culturais dos concellos”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cambados podería ter un consello local da lingua para fomentar o uso do galego

O BNG de Cambados ten previsto tratar no pleno de outubro unha proposta de ordenanza para o fomento do galego na Administración local que recollerá, entre outros aspectos, a posibilidade de crear un consello social da lingua.

Fonte: Faro de Vigo

Lousame acolle a mostra María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes

O concello coruñés de Lousame acolle estes días a mostra María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes, que visitaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a alcaldesa, Teresa Villaverde.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Constitúese a Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e Coñecemento Libre

A Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e Coñecemento Libre (A3Gal) pretende apoiar a actividade voluntaria dos colaboradores galegofalantes na Wikipedia, así como todo o coñecemento libre en galego.

Fonte: Código Cero

Preséntase un informe sobre a situación sociolingüística do CEIP Agro do Muíño de Ames

O informe “A lingua no CEIP Agro do Muíño”, froito da colaboración entre o propio centro educativo, a Real Academia Galega e o Concello de Ames, constitúe un dos estudos sociolingüísticos máis completos realizados ata o momento nun centro escolar sobre o galego.

Fonte: Real Academia Galega

Política Lingüística, Fundación Araguaney e Teófilo Edicións traducen ao galego a Khalil Gibran

A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación do volume que recolle, traducidos ao galego, O profeta e O xardín do profeta, do autor libanés Gibran Khalil Gibran. A publicación é o resultado da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Fundación Araguaney e Teófilo Edicións.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e o Instituto Camões celebran en Vigo o Día Europeo das Linguas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación conmemorou, como cada 26 de setembro, o Día Europeo das Linguas. Fíxoo nun acto organizado en colaboración co Instituto Camões de Vigo que contou coa participación do secretario xeral Valentín García; de Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta en Vigo, e de Carla Sofia Amado, directora do Instituto Camões.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder