Galicia
Valentín García participa en Ourense no VII Congreso Ibérico de Casas Museo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Liceo de Ourense no acto de descuberta da placa "Espazo literario" e rutas literarias de Carlos Casares e A Esmorga.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Bergondo acollerá a primeira das xornadas do ciclo “Malas linguas”, organizado pola Deputación da Coruña
Estas xornadas, organizadas pola Deputación da Coruña, pretenden servir de oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, continuar o camiño da normalización lingüística do galego. Celebraranse un total de catro sesións, en diferentes datas e lugares, cada unha dedicada a un tema diferente: relación entre lingua e políticas públicas, memoria, transmisión non familiar e xéneros.
Fonte: Deputación da Coruña
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica as datas de realización das probas Celga

As datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega dos niveis Celga 4 e 2 serán o 17 e o 24 de novembro de 2018 respectivamente.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Val do Dubra quere suprimir a praza de técnico/a de normalización lingüística
Na modificación da súa relación de postos de traballo, o Concello de Val do Dubra suprimiu a praza de técnico/a de normalización lingüística, que transformou nun posto de técnico/a de Administración xeral. Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicítanlle que rectifique, xa que este municipio conta con servizo lingüístico desde o ano 2002.
Fonte: CTNL
A rede de dinamización acolle desde este mes o programa ‘Toponimízate’

A segunda edición de ‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’ bota a andar o vindeiro mércores, 24 de outubro, en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). A iniciativa, posta en marcha o ano pasado con grande éxito de acollida de participación, ofrece outros tantos encontros en aberto dirixidos á cidadanía en xeral nos que persoal técnico especialista en toponimia pon en valor a microtoponimia, co obxectivo de concienciar sobre a importancia e a necesidade da xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Política Lingüística e Consello da Cultura analizan a importancia das tecnoloxías da fala

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega, que se celebrou na sede do Consello da Cultura Galega (CCG). A xornada, organizada pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, abordou a importancia e a situación dunhas ferramentas que facilitan que a comunicación entre persoas estea por riba das barreiras idiomáticas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
LGx15 chega a Santiago o 15 de novembro con novas reflexións sobre o futuro do galego

A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 15 de novembro unha nova edición do LGx15, que contará con oito intervencións que transmitirán ideas, argumentos e propostas sobre diferentes temas relacionados co futuro da lingua galega: divulgación científica, deporte, concienciación lingüística, ferramentas para atraer falantes, mundo empresarial etc.
Fonte: CTNL
Nace a Rede da Galilusofonía co obxectivo de impulsar as relacións lingüísticas e culturais entre Galicia e os países lusófonos

Trece iniciativas galegas e portuguesas sumáronse á iniciativa Galilusofonía, presentada en Pontevedra no marco do Festival Cantos na Maré. Trátase dunha rede que busca a unión de esforzos para impulsar as relacións lingüístico-culturais entre Galicia e os países lusófonos a través da música e a arte.
Fonte: Galicia Confidencial
'Asubíos' chega a Forcarei da man do programa FalaRedes
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa esta fin de semana a nova actividade 'Asubíos', no marco do programa FalaRedes, no concello pontevedrés de Forcarei.
Fonte: Xunta de Galicia
Dez novos bolseiros inician a súa actividade investigadora no Ramón Piñeiro
Dez novos bolseiros en formación inician estes días a súa actividade investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deulles a benvida, acompañado polo coordinador científico do centro, Manuel González, e polos directores dos proxectos de investigación que coordinarán o seu labor ata o ano 2020.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín