Galicia
Vinte concellos galegos impulsan a creación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua

O Pazo de Raxoi acolleu unha reunión á que asistiron cargos municipais dunha vintena de concellos galegos con responsabilidade na política lingüística, tanto técnicos como políticos. O obxectivo desta xuntanza foi impulsar a creación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua para desenvolver proxectos conxuntos de normalización da lingua galega.
Valentín García participa no acto de entrega de premios do concurso ‘Explícoche matemáticas 2.0’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), por medio da Facultade de Matemáticas e do Servizo de Normalización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cultura e Turismo leva a Sanxenxo a mostra ‘María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes’

A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais, leva a mostra María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes a Sanxenxo, en cuxo Pazo Emilia Pardo Bazán fará parada ata finais de mes.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Endesa atribúe a falta de atención en galego á escasa demanda da clientela
Ante unha reclamación realizada en galego por parte dun cliente de Endesa, a compañía rexeitou atendelo nesta lingua e solicitoulle que o fixese en castelán ou en inglés. Debido ás críticas recibidas, a empresa xustificouse alegando un menor volume de clientes en Galicia con respecto a Cataluña, por exemplo, onde si atenden en catalán.
Fonte: Praza Pública
A Universidade de Santiago organiza un obradoiro de linguaxe xurídica galega

O Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica en galego está dirixido ao alumnado de Dereito, que poderá matricularse nel, de xeito gratuíto, ata o día 15 de novembro.
Antía Cal e María Xosé Queizán, Premio Otero Pedrayo
O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a prol da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. No xurado participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
FalaRedes leva o domingo a Verín a actividade de dinamización lingüística 'Asubíos'
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta fin de semana a actividade de dinamización lingüística Asubíos no marco do programa FalaRedes ata o concello ourensán de Verín.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza o programa Vigo Arrólate destinado a fomentar a transmisión familiar do galego

O programa de dinamización lingüística Vigo Arrólate, posto en marcha polo Concello de Vigo, comeza o domingo 28 de outubro cun espectáculo destinado a familias con fillas e fillos de 0 a 3 anos.
Fonte: Concello de Vigo
Publícase a resolución das axudas para publicacións periódicas en galego

A Xunta de Galicia publicou a resolución das axudas destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García destaca o papel das bibliotecas na dinamización da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro de Carlos Mella A conferencia no curso dun acto celebrado no estradense CEIP do Foxo con motivo do Día Internacional das Bibliotecas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín