Galicia
A Real Academia Galega e a ONCE colaborarán para proporcionarlles recursos en galego ás persoas con discapacidade visual

Ambas as institucións asinaron un protocolo de colaboración que permitirá, entre outras cousas, que as persoas cegas e con discapacidade visual dispoñan dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios para se expresar oralmente e por escrito en galego.
Fonte: Real Academia Galega
Valentín García participa en Cabana de Bergantiños na presentación de Poemas que non foron ao lume
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Poemas que non foron ao lume, de Matilde Vilariño Pose.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Feijóo reúnese coa directora xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, Georgina Benrós de Mello
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse coa directora xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, Georgina Benrós de Mello.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xabier López gaña o XXX Premio Torrente Ballester en galego da Deputación da Coruña
A nova edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega, que convoca a Deputación da Coruña, xa ten gañador, o escritor Xabier López coa novela 900, que recibirá 25 000 € de premio.
Fonte: Deputación da Coruña
O Concello de Ames convoca o I Premio Lingua e Empresa

O Concello de Ames convoca a primeira edición do Premio Lingua e Empresa co obxectivo de fomentar o uso do galego na actividade empresarial amesá, un galardón ao que poderán optar as que teñan sede social ou centro de actividade no municipio.
Fonte: Concello de Ames
O Concello de Vigo organiza un obradoiro para elaborar textos informativos en galego

O obradoiro “Moito por dicir” está dirixido a persoas adultas (en concreto, membros de asociacións veciñais, entidades deportivas e culturais ou ANPAS) interesadas en mellorar a súa competencia lingüística no que respecta á elaboración de textos de carácter informativo (notas de prensa, artigos, reportaxes etc.).
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Congreso Internacional Patrimonio e Fronteira reúne en Santiago especialistas galegos e portugueses
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do Congreso Internacional Patrimonio e Fronteira organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración da Universidade do Minho (Portugal) e da Comunidade dos Paises de Língua Portuguesa (CPLP).
A Universidade de Santiago de Compostela presenta unha nova edición de DivulgaTerra

DivulgaTerra é unha iniciativa de divulgación científica coa que se pretende amosar o traballo de novos/as investigadores/as e fomentar o uso do galego para a comunicación científica.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O termo "apoderamento" entra no Dicionario da Real Academia Galega

O Dicionario da Real Academia Galega define o neoloxismo apoderamento (do inglés empowerment), que irrompeu no noso vocabulario cotián desde o feminismo, como "proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais".
Fonte: Real Academia Galega
O campus de Pontevedra acollerá un maratón de creación de contidos para o Galizionario

O Galizionario, versión galega do Wiktionary, conta con máis de 53 000 entradas ata o momento, unha cifra que se pretende ampliar cun maratón de creación de contidos que se celebrará o 16 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín