Galicia
O Concello de Fornelos de Montes aproba a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 6 de novembro publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Fornelos de Montes.
Fonte: CTNL
Focus, o navegador privado de Mozilla para Android, xa está dispoñible en galego

Focus, o navegador privado de Mozilla para Android, xa conta con tradución completa ao galego, grazas ao labor da Oficina de Software Libre das universidades galegas, co que se converte nunha das 67 linguas en acadar este fito. Isto significa que xa se pode escoller o galego como idioma da interface nos axustes de Focus.
Fonte: Código Cero
Ana Romaní recibe un dos Premios da Crítica de Galicia polo seu labor a prol da lingua e a cultura galegas
Vigo acolleu a entrega da XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia, na que se recoñeceu o labor de Ana Romaní, na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, na promoción e difusión da cultura e a lingua galegas.
Fonte: Real Academia Galega
O Concello de Carballo convoca o Premio a proxectos de webseries en galego

O Premio a proxectos de webseries en galego, convocado no marco do Festival Carballo Interplay 2019, ten como obxectivo a creación e a difusión en internet de contidos audiovisuais nesta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Igaciencia convida un ano máis a conmemorar o IX Día da Ciencia en Galego

O IX Día da Ciencia en Galego, que terá como tema “A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo”, homenaxeará nesta edición o matemático grego Arquímedes e mais o Mestre Mateo, artífice do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta participa en Vila de Cruces na celebración do Día de Xosé Neira Vilas
A Fundación Neira Vilas, o Concello de Vila de Cruces e a Xunta de Galicia celebraron o Día de Xosé Neira Vilas no concello pontevedrés, con motivo do 90º aniversario do nacemento do crucense máis universal en Gres.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez entrégalle o premio de mellor tema musical portugués a Salvador Sobral na gala aRi[t]mar

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado de entregarlle o premio de Mellor Tema Musical Portugués a Salvador Sobral no marco da gala aRi[t]mar, evento no que se entregan os premios da música e da poesía galega e portuguesa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Sofía’ e ‘Martín’ continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2017, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Martín’ continúan sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Resólvense os Premios San Martiño de Normalización Lingüística

Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que convoca a Asociación Cultural O Brado, teñen como obxectivo recoñecer o labor de persoas e colectivos a prol da promoción da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As bibliotecas conmemoran en novembro o mes da ciencia en galego con actividades para todos os públicos
A Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa de Educación, Universidade e Formación Profesional, promove a celebración do mes da ciencia en galego cunha completa programación de actividades ao longo de todo novembro dirixida á posta en valor das bibliotecas e mais do seu papel impulsor da creación e da divulgación científicas na lingua propia de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín