Galicia
O IES Castro Alobre de Vilagarcía pon en marcha unha campaña de promoción do uso do galego nos establecemento hostaleiros

Baixo o lema "Pasa tempo co galego", o Equipo de Normalización Lingüística do instituto Castro Alobre pon en marcha unha campaña de animación ao uso do galego na hostalería a través duns panos de mesa con sopas de letras e labirintos.
Fonte: Faro de Vigo
O Concello de Mondariz aproba a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación, por parte do Concello de Mondariz, da súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega.
Fonte: CTNL
A Real Academia Galega e a Deputación da Coruña colaborarán no estudo e a promoción do galego
A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega asinaron un acordo polo que o organismo provincial achegará 50 000 para iniciativas encamiñadas ao estudo e a promoción do galego, como os cursos de verán para estudantes estranxeiros, proxectos relacionados coa celebración das Letras Galegas ou publicacións.
Fonte: Real Academia Galega
Unha editorial italiana publica a primeira descrición sistemática do galego usado polos trobadores

A obra La lingua delle cantigas está escrita en italiano polo filólogo sueco Pär Larson e describe a lingua usada polos trobadores da Península Ibérica entre finais do século XII e mediados do XIV.
Fonte: Galicia Confidencial
A figura de Domingo Fontán centra a celebración do Día da Ciencia en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Centro Sociocultural e Deportivo de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), na presentación da reprodución facsimilar do plano da Ría de Arousa elaborado en 1828 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán, a quen se lle rende homenaxe con múltiples actos con motivo do Día da Ciencia en Galicia 2018, a el dedicado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
PuntoGal e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación asinan un convenio para fomentar o galego nas TIC

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) e PuntoGal asinaron un convenio de colaboración para promover o uso e a incorporación do galego nas novas tecnoloxías e contribuír así á difusión da cultura e a lingua propias.
Fonte: Código Cero
Denuncian que Google Ads impide contratar publicidade en galego

Google acepta publicidade en 44 linguas, entre as que figura o español, o portugués ou o catalán, pero non o galego. Así o denunciou a organización do festival Cantos na Maré que non puido contratar unha campaña para difundir a celebración deste evento.
Fonte: Praza Pública
Unha iniciativa dun grupo de estudantes solicítalle á Real Academia Galega que inclúa o termo “pintabeizos” no seu dicionario

Un grupo de estudantes de Filoloxía Galega puxo en marcha unha iniciativa, que reuniu en poucas horas centos de apoios, para que o termo “pintabeizos” se inclúa no Dicionario da Real Academia Galega, no cal se recollen as opcións ‘barra de labios’ e ‘lapis de labios’.
Fonte: Sermos Galiza
Convócase o II Premio Luís Porteiro Garea para recoñecer o labor a prol do galego na Universidade de Santiago

O II Premio Luís Porteiro Garea ten como obxectivo recoñecer publicamente o traballo de persoas ou organizacións que traballan a prol do uso do galego na Universidade de Santiago e homenaxear a figura do profesor que lle dá nome, quen pronunciou en 1915 a primeira lección en galego no ámbito universitario.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Gala aRi[t]mar reunirá en Santiago o mellor da poesía e da música de Galicia e de Portugal

O vindeiro 31 de outubro, no compostelán Auditorio de Galicia, a Gala aRi[t]mar Galiza e Portugal 2018 reunirá o cantante portugués Salvador Sobral, a formación galega A banda da Loba e os poetas Lois Pérez e Alexandre Brea para entregarlles os premios concedidos por votación popular á mellor música e poesía galega e portuguesa do pasado ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín