Galicia
Extraordinario de Antón Lopo, gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol
A obra Extraordinario, do escritor Antón Lopo, resultou gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol. Así o comunicou en rolda de prensa o voceiro do xurado, Xoan Babarro, escritor e académico correspondente da Real Academia Galega (RAG).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cultura presenta unha nova edición do obradoiro internacional de tradución poética ‘Con barqueira e remador’

A Consellería de Cultura e Educación presenta unha nova edición, a sétima, do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que terá lugar na Illa de San Simón entre o 1 e o 6 de outubro e na que participan, coordinados pola poeta e dinamizadora cultural galega Yolanda Castaño, outros seis autores procedentes de lugares tan dispares como Galicia, o País Vasco, Portugal, Alemaña, India e Iraq.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, O Fiot, A Roda, O Festival de Cans, Antón Santamarina, O Sorriso de Daniel e Ramón Villares, Premios da Cultura Galega

Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra organiza a gala 'Unha lingua de premio'
A gala 'Unha lingua de premio' celébrase o 26 de setembro e ten por obxectivo “poñer en valor o papel que os premios de literatura, xornalismo e investigación tiveron historicamente no mantemento e normalización da lingua galega”.
Fonte: Culturagalega.org
A Universidade de Vigo contará cun título propio único en España en Tradución para a Industria do Videoxogo
O vindeiro 11 de outubro comezarán na Universidade de Vigo as clases de Tradución para a Industria do Videoxogo, o primeiro título propio de especialización neste eido que imparte unha universidade pública en España.
Fonte: Universidade de Vigo
Ata 2100 alumnos de centros plurilingües poderán presentarse a probas gratuítas para certificar o seu nivel de inglés
Un total de 2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel de coñecemento lingüístico en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
Fonte: Xunta de Galicia
Fernando Redondo recolle na Estrada o XXIII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela
A Feira do Moble da Estrada acolleu a entrega do XXIII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, convocado polo Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cantos na Maré ábrese a máis estilos e públicos na súa nova etapa como Festival de Outono
Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, presentou en Pontevedra o programa da súa décimo cuarta edición, que modifica e amplía as súas datas de celebración, ademais de se abrir a máis estilos musicais na procura de novos públicos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase a XVII edición do Premio Ramón Piñeiro “Facer País” que recoñece o labor a prol do galego de persoas e entidades
Coa convocatoria deste premio, organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración doutras entidades, búscase recoñecer o labor de persoas ou entidades a prol da lingua e da cultura galegas.
Fonte: Deputación de Lugo
A Universidade de Santiago publica a versión en galego da obra "Unha breve historia do tempo" de Stephen Hawking
O físico Jorge Mira foi o encargado da tradución ao galego de Unha breve historia do tempo, de Stephen Hawking, unha obra científica fundamental dispoñible na colección Clásicos do Pensamento Universal da Universidade de Santiago.
Fonte: Culturagalega.org
Boletín
Subscríbase ao boletín