Galicia

A Universidade de Santiago acolle un encontro sobre o ensino do español como lingua estranxeira

Máis de 300 especialistas de todo o mundo participan no XXIX Congreso Internacional de ASELE, a Asociación para o Ensino do Español como Lingua Estranxeira, que se celebra na Universidade de Santiago de Compostela entre os días 5 e 8 de setembro.

Fonte: Galicia Confidencial

Instan a Xunta a protexer a lingua de signos galega

Persoal investigador da Universidade de Vigo, así como a Asociación de Xordos desta cidade, instan a Xunta de Galicia a recoñecer e protexer a lingua de signos galega. Tamén demandan da Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) que sitúe esta reivindicación entre as súas prioridades.

Fonte: Galicia Confidencial

A Escola de Verán da Societas Linguistica Europaea podería celebrarse en Galicia

A catedrática de Filoloxía Inglesa da Universidade de Santiago de Compostela Teresa Fanego acaba de ser nomeada nova presidenta da Societas Linguistica Europaea (SLE). Entre as actividades previstas para o seu mandato está a de celebrar en Galicia a prestixiosa Escola de Verán de Lingüística da SLE, dirixida a estudantes de doutoramento, ou o congreso anual da sociedade.

Fonte: Galicia Confidencial

Denuncian que MásMóvil nega atención en lingua galega

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o operador de telefonía MásMóvil se nega a ofrecer atención en galego, feito que se constatou nunha chamada a un posible cliente na que confirmaron, así mesmo, que non atenden tampouco nin en catalán nin en éuscaro.

Fonte: Código Cero

Quince concellos de toda Galicia exhibirán filmes en galego no marco do programa Redecinema

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Rodeiro unha nova edición do programa de cinema de verán na rúa Redecinema, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que este ano chegará a 15 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística edita unha guía turística bilingüe galego-inglés de Santiago de Compostela

A Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración coa asociación cultural Cidade Vella e o festival Feito a Man, editou unha guía turística bilingüe galego-inglés de Santiago de Compostela. Ademais dunha breve historia da cidade e dos monumentos máis representativos, inclúense expresións cotiás coa equivalencia nas dúas linguas.

Fonte: Galicia Confidencial

A ordenanza sobre o uso do galego do Concello de Moeche atópase en exposición pública á espera de posibles alegacións

A ordenanza sobre o uso do galego no Concello de Moeche non se aprobará definitivamente ata que se complete o período de trinta días hábiles de exposición pública, durante os cales se poderán facer alegacións ao seu articulado.

Fonte: Concello de Moeche

Valentín García participou na homenaxe a 'Borobó' con motivo do 15º aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos de homenaxe con motivo do 15º aniversario do pasamento de Raimundo García Domínguez ‘Borobó’.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Nigrán contratará persoal técnico de normalización lingüística

O Concello de Nigrán publica as bases para a contratación temporal, por un período dun ano, dun técnico/a de normalización lingüística que se seleccionará mediante un proceso de concurso-oposición.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócanse os cursos de galego que se impartirán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos de linguaxe administrativa galega (niveis medio e superior) e mais cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), que se impartirán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2018/2019.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder