Galicia

Abrirá unha nova escola infantil de ensino en galego na comarca de Compostela

O proxecto de ensino de escolas en galego Semente impulsado pola asociación compostelá Gentalha do Pichel ten previsto abrir un novo centro infantil na comarca de Santiago de Compostela, concretamente no Concello de Ames.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Santiago recibe o alumnado dos cursos "Galego sen fronteiras"

O alcalde de Santiago de Compostela recibiu no Pazo de Raxoi os alumnos e alumnas dos Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras". Martiño Noriega deulles a benvida á que, valorou, é "a cidade máis galega e máis internacional" de Galicia e agardou que tras esta estadía en Compostela exerzan "de embaixadoras e embaixadores deste país”.

Fonte: RAG

A Serra de Outes, Cambados, Portas e Ferrol acollen as propostas de fin de semana do Falaredes

Os concellos da Serra de Outes, Cambados, Portas e Ferrol, pertencentes todos eles á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta, acollen as propostas de fin de semana do 'FalaRedes'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura do XIV curso de verán 'Traballando na calidade da lingua'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa no concello coruñés de Carballo no acto de apertura do XIV Curso de Verán “Traballando na calidade da lingua”, que apoia o seu departamento no marco do convenio asinado coa Universidade da Coruña (UDC) e que este ano se centra na calidade no uso da lingua, tanto na escrita coma na oralidade, desde os diferentes ámbitos sociais.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Gonzalo Hermo gaña o XVI Premio de Poesía Afundación

A obra <em>A vida salvaxe</em>, de Gonzalo Hermo, é a gañadora da décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación, un certame que veñen convocando Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de favorecer a creación literaria en galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cultura e a Academia Xacobea convocan o I Premio de Novela ‘Camiño de Santiago’

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación do novo galardón que tivo lugar na compostelá Libraría Couceiro e está dotado con 6000 euros e coa publicación do relato gañador por Galaxia. O prazo de presentación de orixinais remata o 30 de outubro de 2018.

Fonte. O Portal da Lingua Galega

Máis de cen concellos benefícianse das axudas para a promoción do uso do galego

111 concellos galegos benefícianse das axudas para a promoción do uso do galego desde o ámbito local convocadas no mes de marzo pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O departamento publicou no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de xullo de 2018 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 16 de marzo de 2018.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Jonathan Coe faise co XIII Premio Novela Europea Casino de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Casino de Santiago, Ubaldo Rueda, anunciaron en rolda de prensa celebrada na sede do Casino o nome da obra gañadora da XIII edición do Premio Novela Europea promovido por esta institución compostelá co patrocinio de El Corte Inglés e o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase de <em>Expo 58</em>do escritor Jonathan Coe, quen se impuxo coa súa novela outras catro finalistas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política lingüística presenta o seu documento marco de dinamización da lingua galega nunha reunión da Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario xeral de Política Lingüística presentou nun encontro organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte o documento marco do plan de dinamización da lingua galega na mocidade que está a elaborar a Xunta, no que se prevén accións de promoción social do uso do galego impulsadas desde o ámbito do deporte en colaboración con federacións, clubs, escolas, empresas e deportistas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística inaugura a escultura de Rosalía en Chapela

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da escultura dedicada a Rosalía de Castro na alameda de Chapela que leva o seu nome, co gallo do 133º aniversario do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder