Galicia

Castro de Rei, Baiona, Vilaboa, Barreiros e Mondoñedo acollen as actividades do programa Falaredes

Falaredes, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva Os Bolechas ás comarcas de Vigo e da Mariña Lucense.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

 

Nace unha nova campaña para que Ikea deixe de discriminar o galego

Unha nova campaña acaba de reactivarse en Twitter para pedir á multinacional Ikea que inclúa o galego no servizo de atención ao cliente e no seu sitio web. O galego non está ao mesmo nivel que linguas como o éuscaro, o catalán e mesmo o inglés que si contan con tales servizos.

Fonte: Galicia Confidencial

Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados da Estrada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados da Estrada polo maxistrado Fernando Fernández Leiceaga.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Rosario Álvarez toma posesión como nova presidenta do Consello da Cultura Galega

No acto de posesión do seu cargo como presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez falou das liñas clave do que vai ser o seu labor á fronte da institución, entre as que destacou a súa aposta por estreitar lazos co mundo lusófono.

Fonte: Galicia Confidencial

O grupo musical Pirilampo e a Galipedia gañan o Premio Rosalía de Castro de Lingua que entrega a Deputación da Coruña

A novena edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua recoñece, polo seu labor de promoción do galego, a Galipedia, na categoría de entidade, e o grupo musical Pirilampo, na de iniciativas que traballan coa infancia e a mocidade.

Fonte: Deputación da Coruña

A Xunta renova o Observatorio da Lingua Galega

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), renovan o portal web do Observatorio da Lingua Galega que chega, canda ao seu boletín de noticias, aos dez anos en funcionamento como referente informativo en materia de linguas e espazo de difusión da diversidade lingüística mundial.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O informe anual do Igadi 2017-2018 analiza o pulso hexemónico EUA-China

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), Daniel González, presentaron no Pazo de San Roque o Informe Anual do IGADI 2017-2018 e mais o anuario de acción exterior de Galicia ‘Nós No Mundo-We in the World’.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O FalaRedes reforza a programación de actividades estivais nos concellos da rede de dinamización

O FalaRedes reforza coas súas actividades as programacións estivais nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), visitando as comarcas de Bergantiños, A Coruña, Noia e Celanova. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García expón no VIII Foro do Albariño as vantaxes de etiquetar os viños en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abriu en Cambados o VIII Foro do Albariño e deu conta na súa intervención das vantaxes de etiquetar os viños en lingua galega. O evento sectorial, que se centra desta volta nos retos do albariño no futuro, promoveuno a Asociación Adegas do Salnés e Adegas Terra de Asorei, co apoio, entre outras entidades, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e celebrouse no cambadés Pazo da Ulloa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados de Ribeira

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Ribeira polas maxistradas Ana López-Suevos Fraguela e Mª  Isabel Suárez García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder