Galicia

A Universidade de Vigo incorpórase ao programa de Voluntariado de Activación Lingüística

Unha persoa que teña habilidade de expresión oral en galego e outra que queira aprender a falar nesta lingua, poden, tamén agora na Universidade Vigo, poñer en común os seus intereses a través do programa de Voluntariado de Activación Lingüística, unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e A Mesa pola Normalización Lingüística, e na que a partir de agora se integran a Universidade de Vigo e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Fonte: DUVI

O grupo comarcal lugués da Mesa inicia unha campaña pola galeguización de tanatorios e establecementos funerarios

O colectivo lugués da entidade en defensa da lingua seguirá co seu labor de seguimento á situación do galego no ensino, nas administracións públicas e no SERGAS.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística

O colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego reclama que se aplique o decreto da lingua

O movemento de Nais e Pais polo Ensino en Galego (NPEG) reclamoulle á Consellería de Educación que adopte as medidas necesarias para que o decreto de galeguización do ensino se aplique en todos os centros educativos e “que se poña fin á situación calamitosa pola que pasa o idioma propio de Galicia neste ámbito, especialmente en infantil e primaria”.

Fonte: GzNación

Xa se pode descargar en galego a versión 3.0 do OpenOffice.org

Hai unhas semanas, publicouse a versión 3.0 do paquete ofimático OpenOffice.org, o paquete ofimático de software libre máis importante da actualidade, do que xa se pode descargar a versión en galego.

Fonte: CTNL

Galicia Bilingüe cifra en 2.000 as solicitudes para pedir que a Xunta lles deixe elixir o idioma de estudo na escola

A Asociación Galicia Bilingüe considera "un éxito" a campaña de presentación de escritos nas oficinas da Inspección Educativa de cinco cidades galegas para reclamar que se respecten os dereitos lingüísticos dos seus fillos. En concreto, foron ao redor de 2.000 os pais que lle solicitaron á Xunta que lles deixe elixir aos seus fillos o idioma de estudo.

Fonte: Galicia Hoxe

O PP vota en contra do plan de normalización do galego porque o BNG non lle ofreceu un pacto

Os conflitos polo idioma entraron plenamente no Parlamento, sobre todo para poñer a proba a munición ante a batalla electoral. O debate sobre unha iniciativa do deputado nacionalista Bieito Lobeira para que a Cámara "revalidara" o seu compromiso co Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por todos os grupos cando Manuel Fraga presidía a Xunta, finalizou cos 37 parlamentarios do PP proferindo apupos mentres os representantes de PSOE e BNG abandonaban o hemiciclo entre risas maliciosas.

Fonte: El País

Celebrouse no Pazo de Mariñán o II Encontro de política lingüística desde as administracións locais

Representantes de 40 concellos da provincia da Coruña reuníronse no Pazo de Mariñán para participar no II Encontro de política lingüística desde as administración locais, unha xuntanza organizada pola Deputación da Coruña desde a Unidade Técnica de Normalización en colaboración coa Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL).

Fonte: Galicia Hoxe

Publícase o primeiro "Dicionario ilustrado do comercio" para fomentar o "uso normalizado" do galego nestas transaccións

O primeiro dicionario ilustrado en galego dedicado integramente ao comercio contribuirá a alcanzar un comercio "de calidade" e será "capaz de cubrir as exixencias do consumidor".

Así o manifestou o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, durante a súa presentación aos medios. O comercio, polo seu papel de intermediación e trato directo co cliente, desempeña un papel "fundamental" nas políticas de "fomento, normalización e inmersión lingüística" e deste xeito o dicionario, "áxil e sincero" facilitarálles ao comerciante e ao consumidor "o uso do galego nas transaccións comercias", subliñou o presidente da Federación Galega de Comercio.

Fonte: Galicia Hoxe

Tensión nun voo de Air Berlin por un problema lingüístico

O voo de Air Berlin 3423 que tiña que saír este sábado de Santiago de Compostela a Palma de Mallorca partiu con tres horas de atraso. O motivo do que informaba a megafonía do aeroporto, segundo explica o xornal catalán 3cat24.cat, eran os problemas técnicos e a incapacidade da tripulación de falar un idioma comprensible para os pasaxeiros.

Fonte: A Nosa Terra

O novo número en papel de Código Cero está dedicado ao software libre galego

O número 64 da revista en papel Código Cero dedícalle un especial interese ao software libre en Galicia, así como á presenza da lingua galega nos móbiles e a posible fenda dixital co galego que Google podería estar favorecendo.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder