Galicia
Piden que a Real Academia Española acepte “Ourense” como único topónimo oficial
O BNG pedirá no pleno da Deputación de Ourense que a Real Academia Española corrixa a definición do topónimo da provincia e acepte “Ourense” como única forma válida.
Fonte: La Voz de Galicia
Clun e Política Lingüística entregan os premios do Certame de Microrrelatos Feiraco Letras Galegas
Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e Política Lingüística entregaron os premios do Certame de Microrrelatos Feiraco Letras Galegas 2018, nun acto que se celebrou na sede de Feiraco, na Ponte Maceira, e no que participaron o vicepresidente de CLUN, José Montes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Anxo Lorenzo e Valentín García analizan nunha mesa redonda a traxectoria do Centro Ramón Piñeiro
Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, interviñeron no Pazo de San Roque na segunda das xornadas con que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) está celebrando un cuarto de século de existencia: “O Centro Ramón Piñeiro: a súa creación e importancia examinadas desde ámbitos distintos”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cultura, Concello e a Federación Galega de bandas converten Agolada na capital da música
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos pendellos de Agolada na presentación do VI Campus Agolada Musical 2018, unha iniciativa na que colaboran a Consellería de Cultura e Educación, o Concello de Agolada e a Federación Galega de Bandas de Música.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un total de 67 obras de 22 editoras benefíciase das axudas para a tradución e edición do libro galego

A Consellería de Cultura e Educación resolve a liña de subvencións bianual para a tradución do galego a outras linguas e doutras linguas ao galego, dotada con 200.000 euros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Unha tese da Universidade de Vigo recolle fraseoloxía relacionada cos animais

Unha tese dunha investigadora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo recolleu máis de mil expresións e frases feitas que teñen os animais como protagonistas.
Fonte: Praza Pública
A Xunta celebra a decisión da RAG e prepara xa a homenaxe a Antón Fraguas no Día das Letras 2019
A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras de 2019 a Antón Fraguas Fraguas, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán o vindeiro ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Día das Letras Galegas 2019 estará dedicado a Antón Fraguas

O historiador, etnógrafo e profesor Antón Fraguas será o protagonista do Día das Letras Galegas de 2019. Así o acordou o Pleno da Real Academia Galega na sesión ordinaria celebrada na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña.
Fonte: RAG
Valentín García participa no nomeamento de tres novos xuíces honorarios do Couto Mixto
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de nomeamento de tres novos xuíces honorarios do Couto Mixto. Trátase dos presidentes das freguesías portuguesas de Soutelinho, Lamadarcos e Cambedo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ábrese o prazo de votacións para o XIII premio de Novela Europea Casino de Santiago
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa celebrada no Casino de Santiago para presentar o período de votacións do XIII premio Novela Europea Casino de Santiago. Residentes, estudantes e persoas que traballen na capital de Galicia poden elixir ata entre obras de Manuel Rivas, Juan Gómez-Jurado, Clara Usón, Jonathan Coe e John Banville.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín