Galicia
A Fundación Neira Vilas celebra o seu XXV aniversario lembrando a figura do autor de 'Memorias dun neno labrego'
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou nos actos conmemorativos do XXV aniversario da Fundación Xosé Neira Vilas, que tiveron como eixo central a posta en valor da figura do escritor de Gres.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Insua dos Poetas réndelle homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na X edición da Festa da Palabra, na Insua dos Poetas, onde se lle rendeu unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira, unha semana despois do seu falecemento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo conclúe que o alumnado das zonas rurais conta con maior competencia lingüística galego-castelán que o das cidades

Segundo unha investigación realizada pola profesora da Universidade de Vigo Ana Iglesias, o alumnado do rural galego amosa maior competencia bilingüe en galego e castelán que o que habita nas zonas urbanas.
Fonte: Galicia Confidencial
O FalaRedes despide as súas actividades ata setembro en seis concellos da rede de dinamización
O programa de dinamización lingüística FalaRedes despide as súas actividades ata o mes de setembro, con actividades en seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) durante a fin de semana.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A banda artística de Merza réndelle tributo a Queen nos Atardeceres do Gaiás

A Banda Artística de Merza, considerada a máis antiga de Galicia, réndelle tributo a Queen no marco do programa Atardeceres no Gaiás e dos actos de celebración do 190º aniversario da súa fundación. A formación crucense estará acompañada polo coro vigués Gli Appassionati neste concerto de estrea do novo proxecto Queen Symphony, que se poderá seguir mañá ás 21:00 horas con entrada libre e de balde, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Santiago de Compostela presenta un programa de actividades lúdicas en galego para este verán
O Concello de Santiago de Compostela organiza para este verán un programa de actividades de lecer en galego destinado a nenas e nenos no marco do proxecto Apego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ponse en marcha unha web para fomentar a presenza do cinema en galego nas plataformas dixitais

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou unha páxina web (www.manifestocinemagalego.gal) así como un manifesto para impulsar o cine feito en galego nas canles tradicionais e, principalmente, nas plataformas dixitais como Netflix.
Fonte: Código Cero
Valentín García participa en Santiago na clausura dos XXI Cursos de verán de lingua e cultura galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela no acto institucional de clausura da XXXI edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas que organiza a Real Academia Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A RAG incorpora termos da rede ao seu dicionario en liña
O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega incorporou nos últimos meses un bo número de termos relacionados coa rede e as novas tecnoloxías.
Fonte: Sermos Galiza
A Xunta apoia o festival Sinsal na Illa de San Simón cunha subvención da Agadic e a través da Marca Fest Galicia

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrarase na Illa de San Simón do 26 ao 29 de xullo co apoio da Xunta de Galicia, mediante unha subvención próxima aos 19.700 da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e distintas accións desenvolvidas a través de FEST Galicia, a marca creada para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín