Galicia

A música en galego será un dos eixes principais do Canteira Fest de Vilaboa

O sábado 22 de setembro celébrase en Vilaboa a primeira edición do Canteira Fest, un festival que ten como eixes centrais o feminismo e a música en galego.  

Fonte: Deputación de Pontevedra

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e a Xunta apoiarán o recoñecemento oficial da lingua de signos galega

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas (FAXPG) e a Xunta de Galicia apoiarán iniciativas que fomenten o recoñecemento oficial da lingua de signos galega, despois de que un estudo da Universidade de Vigo e da Asociación de Xordos desta cidade sinalase estas dúas entidades como as responsables directas desta falta de recoñecemento.

Fonte: Galicia Confidencial

A Semana de Cine de Lugo chega á súa 40ª edición

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao Auditorio Gustavo Freire da Cidade das Murallas para participar na inauguración da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que chega este ano á súa 40º edición.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Vigo organiza un curso de galego para persoas que carecen de coñecementos desta lingua

O Concello de Vigo organiza unha nova edición do curso “Achégate ao galego, nivel básico”, dirixido a persoas, de dentro e fóra de Galicia, sen apenas coñecementos do idioma.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Nace un proxecto xornalístico en galego especializado no mundo dos videoxogos

Da man do xornalista Carlos Pereiro nace a Revista Morcego, un proxecto xornalístico en galego, accesible en liña, dedicado aos videoxogos, que ofrece análises, reportaxes, artigos de opinión e novas de actualidade relacionadas con este tema.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua reclama máis implicación da Administración local en materia de normalización do galego

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) insta á creación dunha rede profesional e estable de servizos de normalización lingüística na Administración local, que conta con competencias nesta materia, mais exercidas de forma dispar nos diferentes concellos de Galicia.

Fonte: CTNL

Valentín García pecha en Madrid o XII Congreso internacional da AIEG

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Real Biblioteca do Escorial á presentación das Cantigas de Santa María e da versión galega da General estoria de Afonso X o Sabio, acompañados da música en directo de Carlos Núñez.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística convoca novas probas de acreditación do Celga

A Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica no Diario Oficial de Galicia a resolución do 7 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os Centros de Estudos Galegos de Oxford, París e País Vasco incorporan novas lectoras

A Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia contará desde o curso académico 2018/2019 con tres novas lectoras de lingua, literatura e cultura galegas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniuse na sede do seu departamento, no compostelán Pazo de San Roque, coas profesoras-lectoras que inician a súa actividade nos centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Oxford (Reino Unido), París (Francia) e Vitoria (País Vasco).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Centro Ramón Piñeiro analiza nunha xornada o seu papel como depositario de legados científicos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da terceira das xornadas con que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) celebra os seus 25 anos de existencia, e que se desenvolven baixo o título “O Centro Ramón Piñeiro como recuperador de fondos e depositario de legados”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder