Galicia

O alumnado de Xornalismo da Universidade de Santiago elabora unha 'Guía de linguaxe inclusiva'

Esta Guía de linguaxe inclusiva, elaborada polo alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación en colaboración co Colexio de Xornalistas (CPXG), recolle recomendacións para evitar a utilización de linguaxes discriminatorias. Divídese en 14 capítulos dedicados a outros tantos ámbitos ou colectivos: Linguaxe non sexista, Infancia, Persoas maiores, Pobreza, Emprego, Catástrofes e emerxencias, Cooperación internacional, Comercio xusto, Medio ambiente, Persoas migrantes, Persoas privadas de liberdade, Capacidades diversas e Racismo.

Fonte: Praza Pública

A Real Academia Galega edita a "Guía dos elementos químicos" en galego cunha actualización da táboa periódica

A Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións é unha obra divulgativa que se publica para celebrar este 2019 o Ano Internacional do Sistema Periódico, declarado pola ONU para conmemorar os 150 anos da presentación da táboa periódica do químico ruso Dimitri Mendeleev.

Fonte: Real Academia Galega

Unha nova campaña de animación á lectura promociona as obras finalistas ao XIV Premio Casino de Santiago

Unha nova campaña de animación á lectura, impulsada pola Asociación Cultural Casino de Santiago coa colaboración das librerías compostelás Pedreira, Cronopios, Gallaecia e San Pablo, e da Consellería de Cultura e Turismo, promocionará as obras finalistas do Premio Novela Europea Casino de Santiago.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta de Galicia convoca os premios para a dinamización lingüística no ensino

Os premios, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, están destinados aos centros de ensino públicos para que participen en proxectos educativos de innovación en dinamización lingüística durante o curso académico 2018-2019.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócanse as axudas para a creación de obras audiovisuais en lingua galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas dirixidas á creación de obras audiovisuais, en versión orixinal en lingua galega, para o ano 2019.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Real Academia Galega formará parte dunha rede europea para impulsar as linguas minorizadas

Un grupo de institucións europeas vinculadas ás linguas minoritarias, entre as que se encontra a Real Academia Galega, impulsará a creación dunha rede para fomentar o coñecemento e o respecto á diversidade lingüística do continente.

Fonte: Real Academia Galega

O Concello de Baiona organiza un certame que premiará a mellor canción en galego

O Concello de Baiona organiza a primeira edición do certame "Os Bardos", unha iniciativa coa que busca premiar a mellor canción do ano en lingua galega con 600 euros e cunha actuación durante o verán na vila.

Fonte: Faro de Vigo

Denuncian a marxinación que sofre o galego na RTVE Galicia

O sindicato CGT denunciou a discriminación que ao seu entender sofre o galego en RTVE Galicia e o "incumprimento da lei" no que respecta ao seu emprego nun medio de comunicación público.

Fonte: Galicia Confidencial

Unha nova publicación dá conta da riqueza dos apelidos galegos

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) presentaron Antroponimia e lexicografía, un estudo que sinala, por exemplo, que en Galicia hai 21 100 apelidos cun único portador; que Rodríguez é o máis común na nosa comunidade; ou que Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle están en perigo de extinción.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Solicítanlle ao Concello de Oleiros que inclúa a praza de técnico/a de normalización lingüística na relación de postos de traballo

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua solicitoulle ao Concello de Oleiros que modifique a súa relación de postos de traballo, aprobada recentemente, para que inclúa a praza de técnico/a de normalización lingüística e darlle así estabilidade a este servizo que leva dez anos en funcionamento.

Fonte: CTNL

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder