Galicia
Convócanse axudas para a edición de publicacións periódicas en galego

As empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego poderán presentarse á convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia para o ano 2019.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño recolle nun vídeo as particularidades lingüísticas do Baixo Miño
O alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, como representante da provincia de Pontevedra no proxecto 21 Días co Galego, elaborou pequenas pezas audiovisuais que recollen as distintas formas de falar deste concello.
Fonte: Xornal de Vigo
O Concello de Rois convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística
O Concello de Rois publicou as bases para a provisión definitiva, como persoal laboral fixo, dunha praza de técnico/a de normalización lingüística que se seleccionará mediante o sistema de concurso-oposición.
Fonte: CTNL
A II Gala dos Medios en Galego pon en valor o uso da nosa lingua propia para comunicar e informar
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Pazo da Cultura pontevedrés, na II Gala organizada pola Amega (Asociación de Medios en Galego) con motivo do Día dos Medios en Galego, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Pontevedra acollerá a II Gala dos Medios en Galego

Un 7 de febreiro de hai 144 anos nacía, da man de Valentín Lamas Carvajal, o primeiro xornal publicado en galego, O Tío Marcos d’a Portela. Para conmemorar esta efeméride, a Asociación de Medios en Galego (Amega) organiza en Pontevedra unha gala, que este ano chega á súa segunda edición, coa que pretenden chamar a atención sobre a difícil situación destes medios.
Fonte: Galicia Confidencial
O Ministerio de Fomento corrixirá a toponimia galega nos nomes das capitanías marítimas
O Ministerio de Fomento admite a existencia dunha discordancia entre a denominación dalgunhas capitanías marítimas galegas e a que aparece no real decreto 638/2007, de 18 de maio, que as regula, como se pode comprobar na páxina web oficial. Ao mesmo tempo, comprométese a corrixir as que non se corresponden coa toponimia oficial de Galicia e repoñer, así, a normativa lingüística.
Fonte: Galicia Hoxe
O certame de microrrelatos impulsado pola RAG e PuntoGal busca reforzar a presenza do galego en internet
A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal presentaron a segunda convocatoria do certame de microrrelatos co que buscan aumentar a presenza da lingua galega na rede. As persoas interesadas en participar deberán enviar ao longo do mes de febreiro os seus textos, de ata 200 palabras e en galego, e as que gañen o concurso recibirán premios tecnolóxicos e relacionados coa lectura.
Fonte: Real Academia Galega
Doce discos optan ao Premio MIN a mellor álbum en galego

Os Premios Min contan cunha categoría de mellor álbum en galego, na que é posible votar ata por cinco dos doce discos presentados, pertencentes a unha gran variedade de estilos musicais diferentes. Pasada esta fase de votacións populares, os cinco máis votados serán semifinalistas, entre os que un xurado profesional escollerá os finalistas e, posteriormente, os vencedores.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística demanda o cumprimento das recomendacións do informe da ONU sobre os dereitos dos galegofalantes
A Mesa pola Normalización Lingüística envioulle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia para pedirlle que se atendan as recomendacións recollidas no informe preliminar da ONU no que se denuncian vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes.
Fonte: Galicia Confidencial
Só o 4% das persoas elixe o galego como lingua de lectura

Segundo os datos do Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros, só o 4% das persoas escolle o galego como lingua de lectura. Por este motivo, a Asociación Galega de Editores (AGE) demanda políticas efectivas e transversais para fomentar a lectura neste idioma.
Fonte: Semos Galiza
Boletín
Subscríbase ao boletín